# Hashtag
#Blog #Primeira Galicia

Que agardar do grupo 5 da Primeira Futgal?

Xa queda pouco para que o balón comece a rodar e desde FutbolinGalicia non podemos agardar con maior expectación o inicio desta nova temporada! Seis gruposdezaoito conxuntos en cada un deles e trinta e catro xornadas de pura emoción deleitarán aos seareiros máis incondicionais do noso fútbol. O espectáculo está a piques de comezar, pero, primeiramente, cómpre debullar a realidade de cada división e así coñecer de primeira man que podemos agardar de cada grupo da Primeira Futgal.

Ábrese a veda

Cando dous dos mellores proxectos da Primeira Futgal cadran na túa liga, pouco podes facer. Esta frase resume á perfección como se viviu a temporada pasada no grupo 5, onde Ribadumia e Marín dominaron a competición de comezo a fin. Basta con botarlle unha ollada á táboa clasificatoria para ver que a diferenza entre o conxunto do Morrazo, segundo clasificado, e o Unión, terceiro, foi de doce puntos!

Agora que estes dous súper equipos conseguiron ascender a Preferente Futgal, a loita polo título e os play-off abriuse considerablemente. Nela estarán, de seguro, o San Martín e o Campo Lameiro. Os de Vilaxoán veñen de asinar un quinto posto e queren ir a por máis. Para iso reforzáronse con varios xogadores mozos, como Grajales ou Joel, procedentes da canteira do Pontevedra. Ademais destes dous centrocampistas, renovaron boa parte do seu plantel. Álex Vázquez, Paulo e Martín Portas volverán a liderar a zaga vermella, mentres Karlo e Abalo poñen o gol na parcela ofensiva.



Karlo (San Martín) salta para cabecear un esférico fronte a dous xogadores do Lamela. FOTO: SAN MARTÍN CF

No combinado dos petróglifos tamén optaron por unha estratexia semellante e reforzáronse con futbolistas que dan o salto desde a idade xuvenil. É o caso de Pablito, quen defendeu as cores do Arousa, ou Roni, que fixo o propio coas do Choco. Liderado polo seu capitán Totó e por outros xogadores como Adri ou Marki, o Campo Lameiro pelexará un ano máis por estar na zona alta da clasificación. Flavia, Sport Team Estrada ou os descendidos Umia e Cidade de Ribeira tamén se unirán á festa, xunto ao Unión e o Cordeiro. Ambos quedaron por detrás do Ribadumia e o Marín e, agora que non están, eríxense como grandes candidatos ao ascenso.

Duelo de pistoleiros

Para ascender é necesario ter unha boa defensa e, sobre todo, capacidade goleadora. Se Unión e Cordeiro pasaron dos 70 goles, foi en parte grazas ao bo rendemento dos seus dous pistoleiros: Chuso e Moi. A súa particular loita polo ‘pichichi’ non se resolveu ata a última xornada, á cal chegaron con opcións de convertérense nos máximos artilleiros da liga. O destino reservoulle o premio ao atacante picheleiro, que anotou un hat-trick por contra do dobrete asinado polo seu rival. Ese único gol declinou a balanza a favor do primeiro.

A pesar da súa gran campaña a nivel individual, non foron capaces de subir de categoría e agora queren resarcirse. Ambos renovaron e ambos volverán a ser as referencias ofensivas dos seus respectivos equipos. Ao igual que o ano pasado, só pode quedar un…



Triple ascenso?

A pandemia pola Covid-19 resultou letal para algúns equipos que, lamentablemente, non volvimos ver sobre o verde. Pero así como uns se foron, chegaron outros como o Atlético Combarro, debutante na Primeira Futgal. Nados no 2020, os piratas -como así se fan chamar- lograron ascender dúas veces de xeito consecutivo. A cousa non quedou aí e realizaron un magnífico papel na Copa Deputación de Pontevedra, caendo en semifinais fronte a un Portonovo que se alzou co torneo e co ascenso a Terceira RFEF.

Estes logros non pasaron inadvertidos para a directiva do combinado de Poio e desde o seo do club non dubidaron nin un intre en renovar aos piares fundamentais do seu plantel. E, por se fora pouco, engadir algunha peza interesante como Lucky. Chegado desde o Villalonga, o killer de Friol contribuirá co seu bo facer ás filas duns piratas dispostos a asaltar o grupo 5. Quen sabe se se farán co botín dun terceiro ascenso consecutivo

Como queda a cousa?

No grupo 5 da Primeira Futgal non houbo grandes modificacións na listaxe de participantes e estes serán os conxuntos que competirán nel: Abanqueiro, Atlético Cuntis, Atlético Combarro, Arcade, Soutomaior, Sport Team Estrada, Unión, Caldas, Campo Lameiro, Cidade de Ribeira, Cordeiro, Flavia, Marcón Atlético, Pontecaldelas, Amanecer, Monteporreiro, San Martín e Umia.



E co 6 de setembro marcado en vermello, só resta agardar polo asubío inicial e desfrutar dunha xornada inaugural para o recordo! Velaí vai unha relación dos partidos que terán lugar nesta primeira data de competiciónSan Martín – Abanqueiro; Atlético Combarro – Caldas; Umia – Sport Team Estrada; Marcón Atlético – Flavia; Cordeiro – Unión; Pontecaldelas – Amanecer; Atlético Cuntis – Monteporreiro; Campo Lameiro – Soutomaior e Arcade – Cidade de Ribeira

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.



Que agardar do grupo 5 da Primeira Futgal?

Os novos destinos do vestiario do Arenteiro

Que agardar do grupo 5 da Primeira Futgal?

Que agardar do grupo 5 da Primeira