# Hashtag

Castañas e Diferenciais

Xa se albisca o once de novembro e arrecende a castaña polas aldeas, vilas e cidades galegas. De feito, algún magosto chegou con algo de anticipo e xa se celebrou nesta fin de semana. Pero as enchentas non lle quitaron protagonismo ao fútbol. A Primeira Futgal non se viu interrompida e amenizou a tarde daqueles […]

Que medo dan os Diferenciais!

O Samaín tamén se fixo sentir nos campos de fútbol do país, onde se puido desfrutar de exhibicións arrepiantes por parte dos diferentes conxuntos! Porque o terror e a pelota tamén van da man. Non tremen os grandes dianteiros cando se enfrontan a un porteiro coñecido por deter lanzamentos de penaltis? E isto tamén pasa […]

Os Diferenciais superan o ecuador da primeira volta

Aló foi o primeiro cuarto da tempada! Hai nada estaban a comezar as competicións e agora xa nos atopamos no ecuador da primeira volta. Atrás quedan os dous meses iniciais, onde os diferentes equipos tiveron tempo de demostrar do que son capaces. Pero ollo, non está todo dito e pode haber moitas sorpresas ata o […]

Os gladiadores da Primeira Futgal son os Diferenciais

A Primeira Futgal estase a converter nun coliseo romano nestas últimas datas, pois a meirande parte dos equipos seguen con esperanzas de lograr os seus obxectivos. Agás o Chantada, os líderes de cada un dos grupos deberán rillar o campo se queren o título, igual que lles sucede aos pechacancelas da competición, cuxas balas se […]

O talento divino dos Diferenciais

A Semana Santa chegou de súpeto e con ela, como non podía ser doutro xeito, a Primeira Futgal vese na obriga de parar. Lonxe de tombarse a descansar, os equipos comezan a prepararse para dalo todo neste treito final da temporada. Hai moito en xogo e ninguén quere botalo a perder, por iso as afeccións […]

A última decisión téñena os Diferenciais da Primeira Futgal

Rematou xaneiro e con el van xa cinco meses de competición. Así e todo, o avance das xornadas non impide que a Primeira Futgal navegue na incerteza clasificatoria. A súa competitividade e o bo rendemento dos diferentes equipos invita ao afeccionado a desfrutar dunha competición onde non hai nada decidido polo momento. Un espectáculo futbolístico […]

Os Diferenciais da Primeira Futgal resisten o frío invernal

Chega o inverno e un pode pensar que os campos de fútbol non van estar ateigados de afeccionados. Ver unha película ou tomar un chocolate quente a carón da cheminea semellan mellores opcións, mais a Primeira Futgal posúe bos motivos para facer levantar á xente do seu sofá. Como por exemplo, ver aos Diferenciais. O […]

Os Diferenciais comandan unha Primeira Futgal inesquecible

Superada a décima xornada, a Primeira Futgal segue a ofrecer tardes de espectáculo por todo o territorio galego. A igualdade entre os equipos fai que cada fin de semana sexa unha festa futbolística onde ninguén sabe que pode acontecer agás os seus protagonistas máis Diferenciais… As goleadas poñen a clasificación patas arriba O grupo coruñés […]

A última palabra téñena os Diferenciais da Primeira Futgal

Polo momento non hai nada decidido na Primeira Futgal. A pesar da competitividade da categoría e a esixencia que supón, os equipos seguen a loitar polos seus respectivos obxectivos e fano apoiándose nos seus xogadores máis Diferenciais. Inercias positivas na Coruña Ben é sabido que non hai nada mellor que unha segunda vitoria para reforzar […]

A loita continúa na Primeira Futgal cos Diferenciais marcando o ritmo

A piques de pechar setembro, está claro que a Primeira Futgal aínda non está decidida. Máis competida que nunca, a máxima categoría do fútbol provincial pecha unha nova xornada chea de marcadores tolos e onde Os Diferenciais se alzaron como grandes protagonistas. Goles para marcar a diferenza O grupo coruñés deixou goles a moreas nunha […]

  • 1
  • 2