Vicente Schneider, que deixou o Juvenil de Ponteareas, chegou a Magdalena para xogar en Terceira RFEF co RC Villalbés. O dianteiro brasileiro, con pasado no fútbol do seu país natal, anotou 9 goles nos 12 partidos que disputou está campaña en Preferente Futgal. Un auténtico killer da área!
FutbolinGalicia (en adiante FIG): Como convenceu o Villalbés a Vicente?
Vicente Schneider (en adiante VS): «Eu tiña moitas gañas de xogar en divisións superiores en España e gústanme os novos desafíos.»
«Cando souben do interés do Villalbés, alegreime moito porque é un equipo que está loitando por ascender.»
FIG: Marcaches 9 goles en 12 partidos co Xuvenil de Ponteareas. Como valoras a túa experiencia neste equipo?
VS: «Estou moi agradecido ao Xuvenil de Ponteareas. Agradezo a todos os meus compañeiros, ao adestrador, ao presidente e a tódolos amigos que fixen durante a miña estancia no club.»
«Adaptarme ao fútbol español foi unha experiencia moi importante para min. Estou moi feliz de ter disfrutado cada partido e axudar ao club cos seus obxectivos. De novo teño que expresar a miña gratitude ao club por confiar no meu potencial.»
FIG: Que che pide o corpo técnico do Villalbés nestes primeros adestramentos?
VS: «É un equipo con moita intensidade, toques de balón rápidos, un corpo técnico con moitas gañas de gañar e facer o mellor posible o que me piden que faga.»
FIG: Que diferenzas hai entre o fútbol brasileiro, do que procedes, e o noso fútbol de aquí de España?
VS: «Creo que a principal diferenza é que en Brasil hai moito máis xogo individual e improvisación. Aquí algúns equipos priorizan moito a posesión do balón mais todo isto cambia dependendo do equipo.»
FIG: Cales son os teus objetivos a nivel individual en este 2025?
VS: Na primeira metade da tempada logrei alcanzar os meus obxectivos, que eran marcar goles e conseguir gozar de bo número de minutos.»
«Agora tentarei continuar adestrando para fecer o mesmo. A miña meta é seguir marcando goles e gozar ao máximo dos partidos.»