# Hashtag

Os Diferenciais teñen o mando

Non é o exército, pero nos equipos de fútbol tamén é necesario tirar de cando en vez dos xenerais. Deses xogadores capaces de liderar unha ofensiva ou unha zaga e contaxiar do seu espírito loitador ao resto de compañeiros. Cando o terreo de xogo se converte nun campo de batalla están aí, ao pé, contribuíndo […]

Os Diferenciais superan o ecuador da primeira volta (P. II)

Aló foi o primeiro cuarto da tempada! Hai nada estaban a comezar as competicións e agora xa nos atopamos no ecuador da primeira volta. Atrás quedan os dous meses iniciais, onde os diferentes equipos tiveron tempo de demostrar do que son capaces. Pero ollo, non está todo dito e pode haber moitas sorpresas ata o […]

Os Diferenciais marcan o ritmo (P. II)

Renderse non é unha opción e moito menos cando hai tanto en xogo. Os inicios de temporada poden ser traizoeiros, pois asinar un bo comezo non che asegura nada de cara a finalizar nos primeiros postos da táboa clasificatoria. E ao mesmo tempo, relaxarte pode significar botar por terra as túas aspiracións nas cinco primeiras […]

De entrante, unha de Diferenciais! (P. II)

A cociña da Primeira Futgal bota fume e non é para menos. Aquí só se serven pratos coa intención de deleitar o padar dos seareiros máis incondicionais do fútbol galego. Eses que botan a mañá ou a tarde do domingo agardando por un bo menú, mentres toman o vermú no caso da sesión matinal, ou […]

Pasiño a pasiño, os Diferenciais fan camiño (P. II)

Aínda queda moito por pelexar, pero xa hai equipos con intencións claras na Primeira Futgal. Para lograr os obxectivos débese pelexar por eles desde as primeiras xornadas de competición e así non deixar todo o traballo para a segunda volta. Trátase de ir facendo o camiño pouco a pouco e con axuda dos xogadores máis Diferenciais do plantel. […]

O último baile dos Diferenciais (P. II)

Ninguén o desexou, pero chegou o final. A Primeira Futgal asinou nesta xornada, no Día das Letras Galegas, un desenlace que será lembrado durante moitos anos. Malleiras, ascensos, salvacións agónicas… Moitos afeccionados derramaron bágoas, ben sexa de ledicia ou de tristura, neste último baile da temporada. Unha danza onde os Diferenciais brillaron coma sempre, despedindo […]

Os gladiadores da Primeira Futgal son os Diferenciais (P. II)

A Primeira Futgal estase a converter nun coliseo romano nestas últimas datas, pois a meirande parte dos equipos seguen con esperanzas de lograr os seus obxectivos. Agás o Chantada, os líderes de cada un dos grupos deberán rillar o campo se queren o título, igual que lles sucede aos pechacancelas da competición cuxas balas se […]

No sprint final van estar os Diferenciais (P. II)

A Primeira Futgal tamén se atopa nunha fase emocionante nos grupos do sur, onde non hai nada resolto polo momento. Co paso das xornadas, a competición non fixo outra cousa que apertarse máis e máis ata chegar a un punto onde a marxe de erro é mínima. Logo de meses de traballo e esforzo, os […]

A última decisión téñena os Diferenciais da Primeira Futgal (P. II)

Xa van vinte xornadas da Primeira Futgal. Vinte fins de semana nos que os seareiros máis fieis do fútbol rexional acudiron aos campos galegos para apoiar aos seus respectivos equipos. Facendo balance do tempo transcorrido, un pode decatarse de que a emoción e os goles sempre estiveron presentes nesta categoría, grazas en parte ás actuacións […]

  • 1
  • 2