# Tags

Ivalotelli volve a Preferente cun Lalín que pelexará o ascenso

A fichaxe polo Lalín do dianteiro Iván García, máis coñecido como Ivalotelli, foi un dos movementos sorpresa da Preferente Norte. O emblemático xogador regresa a un club que este ano ten un ambicioso obxectivo, que non é outro que o ascenso. Ivalotelli debutou no Manuel Anxo Cortizo este domingo no empate 1-1 dos de Toño González ante o Negreira. Antes, atendeu a FutbolinGalicia.

FutbolinGalicia: Como se produciu a túa saída do Puebla e a túa incorporación ao Lalín, coa tempada xa comezada?

Iván García: «Decidín renovar no Puebla, pero houbo un problema que derivou nun cambio de día dos adestramentos. Tamén estou adestrando o cadete do Conxo e non podía compaxinar. Tiña que deixar unha das dúas e falei co Puebla para que me deixasen saír. Teño moitos amigos no fútbol e un deles é Chiño. Un día falando con el comenteille o caso e logo chamoume o adestrador do Lalín. Eu estaba barallando varias opcións preto de Arzúa, que é onde vivo, pero non contaba cunha proposta así. Ir para un Preferente que loita polo ascenso é un reto apaixonante e esixente. Xa estivera alí ano e medio na 2012-13 e a experiencia fora fabulosa».



FIG: Precisamente, esta fichaxe polo Lalín supón un reencontro con Chiño, con quen xa xogaras no pasado.

I.G.: «Compartimos vestiario no Negreira, no Arzúa e no Órdenes. Falamos así de vez en cando e xusto estes días coincidiu. Isto do Puebla levámolo en silencio, porque estivemos buscando solucións ata última hora, pero non quedou máis remedio que deixalo».

FIG: E agora vas a un Lalín do que se falou moito este verán, por incorporar xogadores procedentes da Terceira RFEF.



I.G.: «A xente comezou a fixarse no equipo a raíz desas fichaxes. Lalín é un sitio mítico de fútbol e este ano reuniron forzas para facer un proxecto bonito. Que contasen comigo é un eloxio e un reto. Tamén é máis esixente e obriga a adestrar e coidarse máis, pero é unha proposta que hai que aproveitar».

equipos

Ivalotelli aínda ten gasolina para rato

FIG: E semella que a Ivalotelli aínda lle queda gasolina para rato. O ano pasado, en Primeira Galicia, anotaches unha chea de goles.

I.G.: «Marquei 18 en Boimorto e cinco ou seis no Puebla. Os últimos anos xoguei en Primeira, por comodidade máis que nada. Dende que marchei do Pino sempre que me chamou un Preferente eran equipos de lonxe. Pero véxome ben, nos últimos anos non me lesionei e ese é outro motivo para ir xogar e intentar sumar goles e punto. Se me vise mal, nin me chamarían nin iría, hai que ser realista».



FIG: Como viviches a primeira semana no conxunto do Anxo Cortizo?

I.G.: «É outro nivel! É moi diferente a Primeira Rexional en canto a esixencia física. Aquí en Lalín son adestramentos duros, hai que correr bastante e acabas canso (risos). Este mes será un pouco para adaptarme, pero coñezo a moitos compañeiros, o adestrador e a directiva, así que me adaptei axiña».

FIG: Nótase presión no Lalín? Cal é o obxectivo do club?

I.G.: «As fichaxes son quen son, a directiva está facendo un esforzo. O outro día empataron [2-2, ante o Cidade de Ribeira na Feiteira] e ao final no adestramento había ese resquemor por non ganar, cando un empate a domicilio non é mal resultado. Vese que o proxecto é ambicioso e hai que ganar todos os partidos, sexa o rival que sexa, para estar entre o primeiro e o segundo. O obxectivo do Lalín é quedar primeiro, con permiso doutros equipos do mesmo potencial, como Montañeros ou Sigüeiro. Entre os cinco primeiros ten que ser fixo».

Dianteiro e adestrador na base

FIG: Compaxinarás o Lalín cos banquiños no Conxo. Ves futuro como adestrador?



I.G.: «Levo varios anos adestrando en Arzúa. Este ano chamáronme do Conxo, un club da zona coñecido por ter moitos rapaces de talento. Ofrecéronme o cadete de Galega, comezamos en agosto e estamos con moitas ganas. Todo o relacionado co fútbol gústame: ir a partidos, analizalos, ver moito… Ao ser xogador tamén teño a sorte de ver o funcionamento do vestiario. Sigo formándome e gústame, así que a idea é que cando o corpo non me dea para máis poder dedicarme a adestrar».

Ivalotelli volve a Preferente cun Lalín que pelexará o ascenso

Fran López, Alondras: «Entrar nunha convocatoria co

Ivalotelli volve a Preferente cun Lalín que pelexará o ascenso

Ronald Lezcano, Portonovo SD: «Saber que vas

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *