# Hashtag

Os xefes da Terceira

Estamos de estrea! Benvidos á nova sección dos luns, na que os protagonistas serán os xogadores e equipos da nosa Terceira que destaquen en aspectos importantes do xogo durante a fin de semana. Eles son os xefes da Terceira!

A décimo quinta xornada na Terceira RFEF deixou gran cantidade de situacións a sobresaír. A UD Ourense continúa como líder tras obter unha clara vitoria a domicilio por 0-4 ante o Alondras.

A Sarriana, o seu próximo rival, é o máis inmediato perseguidor dos do Couto tras obter os tres puntos en xogo na Ribela ante o Betanzos. Foi un partido de despedida para o técnico Jaime Paz, que marcha a China para traballar no corpo técnico de Quique Setién no Beijing Guoan FC da Superliga chinesa. Guillermo Oriol, que presenciou o partido de onte ante o Betanzos, é o novo inquilino do banco da Sarriana.



Os equipos xefes da Terceira RFEF galega na xornada 15

  • Máis goleador: UD Ourense (4)
  • Portaría a cero: Noia, Sarriana, UD Ourense, Arteixo e Boiro.
  • Postos gañados na clasificación: Sarriana, Arosa, Villalonga, Boiro (2).
  • Mellor resultado: UD Ourense (0-4).

Os xogadores e adestradores xefes da Terceira RFEF galega na xornada 15

  • Goleadores: Álex Comparada (Arosa) e Jorge Maceira (Polvorín): 2 tantos.
  • Expulsados: Martín Blanco (Gran Peña), Joao Gabriel Carballo (Barbadás), Víctor Gamarra (Estradense), Brais Pereiro (Alondras), Borja Collar e Iván Carril (Noia).
  • Adestrador destacado: Jaime Paz. Deixa a Sarriana, para emprender unha aventura exótica na China, na segunda praza da táboa tras unha nova vitoria.

Vémonos o vindeiro luns tras a disputa da última xornada do ano na Terceira. Os Xefes da Terceira adestrarán duro esta semana para rematar o 2024 da mellor maneira posible.

Os xefes da Terceira

O terceiro tempo. Episodio 13

Os xefes da Terceira

Os Diferenciais da Primeira Futgal na penúltima

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *