En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sexa do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o Cogal Rodeiro da tempada 2018/2019, que logrou o ascenso a Segunda Galicia.
Os nomes do ascenso do Cogal Rodeiro
Os gardametas David Areán e Marcos Fernández; os defensas Óscar Fernández, Alberto Lamazares, Roberto Villanueva e Xosé Moure; os centrocampistas Alejandro Campo, Brais Granja, Alejandro Cambeiro, José Antonio García, Constantino González, José Vázquez, Rubén González, Selama Ould, Daniel Villanueva, José Luis Otero e Pablo Cuñarro; e os dianteiros Adrián Figueiras, José Manuel García, José Rodríguez, Ovidio Areán e Rodrigo Barcala tiveron minutos durante o transcurso do Grupo 6 santiagués da Terceira Galicia 2018/2019. Emilio José García Vilarín e Óscar García Pampín dirixían dende o banco ao conxunto da Raña.
Vinte e cinco vitorias, cinco empates e unicamente tres derrotas conforman os resultados dos nosos protagonistas nas trinta e tres xornadas de competición ligueira. Os oitenta puntos logrados outorgáronlles, ademais do ascenso, o campionato do grupo 6 santiagués da Terceira Galicia. Cabe destacar a aportación ofensiva de Ovidio Areán e Pablo Cuñarro, autores de trinta e oito e vinte e oito goles respectivamente. Entre os dous atacantes anotaron máis da metade dos cento vinte tantos que os da Raña conseguiron nesta histórica tempada.

Actualidade do Cogal Rodeiro
Ocupa a décimo segunda posición no grupo 2 da Segunda Futgal santiaguesa tras obter dúas vitorias, un empate e catro derrotas nas seré xornadas disputadas ata o día de hoxe. Este próximo domingo reciben na Raña á Sociedade Deportiva O Pino co obxectivo de sumar e coller distancia co descenso, co que teñen tres puntos de vantaxe.
Foto portada: Instagram Rodeiro




































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































