# Hashtag

O Atl. Coruña Montañeros ten a mirada posta no ascenso

O Atl. Coruña Montañeros é o único equipo do grupo I da Preferente Futgal que aínda non coñece a derrota no que vai de tempada. Os do Pedro Visma son os principais favoritos ao ascenso a Terceira RFEF.

Hoxe gañaron, na décima xornada, ao Lalín, que se atopaba quinto antes do inicio da xornada, o último posto que dá acceso á promoción de ascenso.

Con 25 goles a favor o Atl. Coruña Montañeros é o equipo máis goleador do seu grupo na Preferente. De feito é o unico conxunto que supera a barreira da vintena de tantos anotados. Se a esta facilidade e eficacia ofensiva se lle engade o feito de ser o equipo con mellores números a nivel defensivo, unicamente encaixaron 3 goles, tense a mestura perfecta para competir a gran nivel e loitar por obxectivos grandes.



Victoria importante ante o Lalín na mañá de hoxe

Esta mañá o Montañeros impúxose ao Lalín por 1-0. O gol foi anotado por Hugo Mato no minuto 38 da primeira metade. A seguridade defensiva do conxunto do Pedro Visma volveu a ser palpable. A zaga está a ser unha auténtica muralla neste inicio de campaña.

O Atl. Coruña Montañeros ten a mirada posta no ascenso

O presidente do Galicia Gaiteira, concursante en

O Atl. Coruña Montañeros ten a mirada posta no ascenso

O terceiro tempo. Episodio 8

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *