O Valladares chegou ao intermedio do seu partido de onte ante o Alondras perdendo por 2 a 0. Tras o paso polos vestiarios disputou un gran segundo acto que o levou a remontar o encontro e saír do Morrazo cunha vitoria que o saca dos postos de descenso a Preferente Futgal.
Os tantos de Rubén Figueiras (54′) e Miguel Freiría (73′ e 96′) inutilizaron os goles de Álex Ubeira e Pablo Goitia. A segunda parte do Valladares, que propiciou a saída do equipo da zona de descenso, foi digna de salientar. Os segundos 45 minutos tiveron moita intensidade e moita carga emocional e de esforzo dada a dificultade da remontada, máis se cabe fóra da casa.
O obxectivo é fuxir do descenso e seguir medrando
O Valladares, de aquí a final da tempada e como vén sendo dende inicios de campaña, ten como meta acadar a permanencia e continuar creciendo tanto en xogo coma como club. Con actuacións coma a de onte, ben encamiñados están!
Conseguir a salvación pasa por marcar máis e encaixar menos
Os 16 goles a favor e os 26 tantos en contra teñen ao Valladares con 18 puntos na décima terceira posición. Conta con dous puntos de marxe cos postos de descenso a Preferente Futgal, marcados agora polos 16 puntos que ten o Villalonga.