# Hashtag
#Fútbol Feminino #Primeira Galicia Feminina #Segunda Galicia Feminina #Terceira RFEF Feminina

Copas de fin de semana

Este fin de semana coñeceranse as campioas da Copa Vigo e da Copa Deputación da Coruña. Dúas finais que poñen o punto final ao verán copeiro e que deixarán un novo nome no palmarés de ambas as competicións.

En Vigo, Lóstrego B e Valladares enfrontaranse este sábado ás 19.00 horas no Federativo de Coia. Será unha final inédita e tamén a primeira para o filial do Lóstrego, que terá diante un Valladares que xa sabe o que é chegar ata o último partido, aínda que sen conseguir levantar o trofeo. As blanquiazuis perderon as finais de 2019, 2023, 2024 e 2025.

O camiño ata a final deixou dous resultados contundentes. O Lóstrego B superou por 0-8 o Cabral, mentres que o Valladares goleou o Balaídos por 0-11. Agora, os dous equipos de Primeira Galicia mediránse nunha final na que haberá novo campión despois da eliminación do Teis, vencedor da pasada edición.



A outra gran cita estará en Pontedeume. O campo da Gándara acollerá este sábado a fase final da Copa Deputación da Coruña, cunha xornada que comezará ás 10.30 horas co enfrontamento entre Atlético San Pedro e O Val B. Ás 12.30 será a quenda do Xallas fronte ao Calo e, xa pola tarde, ás 19.00 horas, disputarase a final.

O Atlético San Pedro parte como favorito pola súa categoría, pero terá diante tres equipos que tamén buscarán dar a sorpresa. O Xallas é o único dos catro semifinalistas que repite presenza, mentres que ningún dos outros tres equipos, conquistara anteriormente a Copa da súa zona. Aínda que no caso do Val o primeiro equipo si que xogou este torneo.

É o única provincia que lle falta por coñecer a súas campionas despois de que o Antas gañase en Lugo, o Rosalía en Ourense e o Valladares en Pontevedra.



A Segunda Galicia, a dez días do inicio e sen calendario

Quedan apenas dez días para o inicio da Segunda Galicia, previsto para a fin de semana do 13 de setembro, pero os equipos aínda non coñecen oficialmente o calendario da competición.

A falta de pouco máis dunha semana para que comece a liga, os conxuntos continúan á espera de saber cando, onde e contra quen disputarán a primeira xornada da temporada, o que lles deixa cada vez con menos marxe para organizarse.



Copas de fin de semana

Os Vintage: Campo Lameiro CD 2016/2017

Copas de fin de semana

Copas de fin de semana