# Hashtag

A segunda volta da Terceira RFEF xa está aquí

Na tarde do domingo rematou a primeira volta da Terceira RFEF 2024-2025. Despois de 17 xornadas podemos afirmar con total claridade que o fútbol galego ten unha Terceira RFEF moi igualada e de moito nivel.

Agardan aínda preto de cinco meses intensos para coñecer os ascensos e os descensos. Aproveitaremos esta peza para facer un repaso do que vai de campaña e do que queda, así como un análise dos equipos e xogadores que teñen moito que decir neste segundo trama do curso.

Resumo da xornada 17 da Terceira RFEF

O RC Villalbés remata a xornada 17 en segunda posición tras vencer por 1-0 ao Polvorín nun apaixoante derbi lucense. O gol de Borja Míguez supuxo tres puntos vitais para que o conxunto dirixido por Alberto López e Rubén Barrios continúen na loita polo ascenso.



O Noia e o Betanzos igualaron sen goles no Julio Mato. O conxunto local está a facer unha espectacular tempada a pesar de ascender o verán pasado. A súa adaptación á categoría está sendo digna de salientar. Teñen moito que dicir na segunda volta e non poden ser descartados na loita polo play-off a Segunda RFEF.

O Viveiro conseguiu empatar diante da UD Ourense, líder con dous puntos de vantaxe sobre a Sarriana de Guillermo Oriol. Un gol dos visitantes na prolongación evitou unha nova vitoria da Sarriana e supuxo un loitado e importante punto para a loita pola salvación na que se atopa o Atlético Arteixo.

O Arosa, un dos chamados a loitar polo premio gordo ata a final da tempada, non foi quen de sacar nada positivo da súa visita ao feudo do Alondras. Os do Morrazo venceron por 2-0 e continúan escalando posicións na táboa.



O Silva e o Estradense volven a gañar

O Silva levouse o triunfo do partido que xogou ante o Valladares (2-1) na Grela. Os coruñeses, que fixeron un inicio de tempada moi bo, aséntanse desta maneira na zona media da clasificación. O Estradense non tivo un final tranquilo de primeira volta mais a vitoria diante do Villalonga volve a situalos nunha posición idónea para loitar polo salto de categoría.

O Gran Peña goleou ao Boiro, que mudará de míster tras a dimisión de Cardeñosa no día de hoxe, en Barreiro. O resultado, 5-2, é o máis abultado da xornada. O Manuel Candocia gozou, por fin, dunha clara e contundente vitoria do seu equipo. O Somozas impúxose ao Barbadás por 4-1 e sumou un triunfo vital para alonxarse dos postos de descenso a Preferente Futgal.

O top-10 de goleadores na primeira volta da Terceira RFEF

  • Álex Comparada
  • Rodrigo Parafita
  • Dani Rosas
  • German Giammattei
  • Adri Otero
  • Jesús Cañizares
  • Marcos Blanco
  • Dani Pedrosa
  • Víctor Gamarra
  • Santi Gegunde

A primeira xornada da segunda volta na Terceira RFEF

  • Alondras – Valladares
  • Sarriana – Arosa
  • Viveiro – Arteixo
  • Noia – Ourense
  • Polvorín – Barbadás
  • Silva – Villalonga
  • Estradense – Boiro
  • Gran Peña – Somozas
  • Villalbés – Betanzos

Foto de portada: Mundito Carballo Durán



A segunda volta da Terceira RFEF xa está aquí

O terceiro tempo. Episodio 15

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *