# Hashtag

Os Vintage: Antela FC 2021/2022

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sexa do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o Antela FC da tempada 2021/2022, que logrou o ascenso a Preferente.

Os futbolistas que lograron o ascenso para o Antela FC

Os gardametas Julián José Nogueiras e Jesús Manuel Domínguez; os defensas Aarón Blanco, Álex Vilela, Breixo Fernández, Juan González, Manu González, Pablo Nogueiras, Rubén Colmenero, Iago Rodríguez, Borja Lorenzo e Xurxo Satana; os centrocampistas Carlos Gómez, Borja Gómez, Borja Rubén Domínguez, Cristian Carrasco, Pablo González, Cristian Rodríguez e Adrián Campero; e os atacantes Borja Rodríguez, Germán Gonzalo Jiménez, Jonathan Gómez, David Lamas, Pedro Rodríguez, Samuel Prieto, Sergio Rodríguez e Xabier Lamas tiveron minutos durante a competición ligueira no citado curso futbolístico. O corpo técnico estaba conformado por Óscar Manuel Sabucedo, adestrador que chegou en xaneiro, José Ramón Barge e Juan Francisco Porto.

Foi unha campaña pouco habitual por mor da maldita pandemia que asolou ao mundo ao inicio desta década. En lugar dun grupo de dezaoito equipo, a Primeira Galicia ourensá partiuse en dous grupos de nove equipos. Na primeira fase, que constaba de ida e volta, os nosos protagonistas remataron terceiros con 27 puntos tras gañar oito partidos, empatar tres e saír derrotados en cinco. Esta posición permitiulles entrar nun novo grupo, esta vez de oito conxuntos, do que sairía o equipo que acabaría saltando de categoría. Pedro Rodríguez Castro e Jonathan Gómez Quintás, ambos con cinco, foron os máximos goleadores neste primeiro tramo da tempada.



O CD Allariz, o Sporting Celanova, A Peroxa CF, o filial da UD Barbadás, o Maside FC, o Atlético Vilariño e o Sporting Carballiño foron os rivais do Antela FC no grupo A1 da Primeira Galicia. Unicamente un dos oito lograría o ansiado ascenso. E para máis emoción non habería volta, soamente un enfrontamento ante cada equipo. O Antela rematou con 21 puntos tras seis triunfos, un empate e unha derrota. Cabe destacar que antes do inicio desta segunda fase arrastrábanse algúns puntos por mor da posición lograda na primeira liga. O Antela comezou a segunda fase con dous puntos, tres menos que o Sporting Celanova e A Peroxa. Aínda así foi capaz de saír campión e lograr o ascenso. Con vinte goles foi o equipo máis efectivo da parte crucial da campaña. Ademais foi a mellor defensa tras encaixar só nove tantos. Jonathan Gómez Quintás, con seis goles, alzouse co honorífico título de pichichi do Antela FC na fase que lle deu o anhelado ascenso.

Foto portada: Noelia Caseiro



Os Vintage: Antela FC 2021/2022

Os Diferenciais cargaron de goles a xornada

Os Vintage: Antela FC 2021/2022

Os Vintage: Antela FC 2021/2022