Diego Rodríguez Vázquez deixou o Bergantiños para recalar no Boiro, regresando por tanto á Terceira RFEF tras o seu anterior paso polo Gran Peña. Falamos con el tras chegar ao club de Barraña.
FutbolinGalicia (en adiante FIG): O fútbol base de Ural e Celta viron crecer a Diego como futbolista. Que recordos gardas desa etapa?
Diego Rodríguez Vázquez (en adiante DRV): «A verdade é que os meus recordos de ambos sitios son moi bonitos e especiais. No Ural foi onde vivín os meus primeiros pasos no fútbol, un lugar onde aprendín a disfrutar e a competir con este deporte.»
«Por outro lado, no Celta experimentei o fútbol desde unha perspectiva máis profesional, con instalacións e servizos dispoñibles para os xogadores que marcan a diferenza para o seu desenvolvemento. Ademais tiven a sorte de coincidir con compañeiros e adestradores que hoxe están na elite do fútbol.»
FIG: Máis de 3.000 minutos en Terceira RFEF co Gran Peña, nun auténtico temporadón do antigo segundo filial do Celta. Como valoras a túa estancia no Gran Peña?
DRV: «Para min foi un ano moi bo e positivo, tanto a nivel individual como colectivo. Máis alá do que ocurriu no campo, destaco a experiencia dentro da estrutura do Gran Peña, onde coñecín a moitas persoas que me fixeron disfrutar ao máximo no día a día, inclusive nos momentos máis complicados. Aínda que non logramos o ascenso en Salamanca, quédome co aprendizaxe e cos bos recordos que construímos.»
FIG: Hai uns meses fichastes polo Bergantiños, no teu estreno na Segunda RFEF. Foi unha estancia curta. Que levou a Diego a cambiar o Bergantiños polo Boiro?
DRV: «Cheguei a Carballo coa intención de dar un salto de categoría, aproveitar a oportunidade e disfrutar competindo na Segunda RFEF. Porén, non saliu como esperaba. Aínda que a miña intención, de primeiras, non era cambiar de equipo, cando surxiu a proposta do Boiro e o seu interés tan grande e a gran confianza que depositaron en min a pesar da miña xuventude e de estar practicamente seis meses en blanco, foi imposible rechazalos.»
FIG: Que esperas da túa estancia no Boiro? Tiveches máis ofertas, foi a que máis te gustou… Coméntanos un pouco.
DRV: «O meu principal obxectivo é recuperar sensacións e realizar unha gran tempada, tanto a nivel individual como colectivo. Espero disfrutar coa afección e, por suposto, axudar a lograr os obxectivos que nos marcamos.»
«Como mencionei antes, non tiña intención de saír inicialmente e non cheguei a valorar outras ofertas. Despois da miña primeira conversación co adestrador e o presidente, tiven claro que desexaba estar aquí e vivir esta experiencia en Barraña.»
FIG: Que lle pide Diego ao 2025?
DRV: No persoal, a este ano pídolle saúde e estabilidade para a miña familia, amigos e parella. No ámbito profesional aspiro a igualar ou inclusive superar, nestes próximos seis meses, o que conseguín a tempada pasada no Gran Peña, así como cumplir todos os obxectivos colectivos que temos como equipo nesta campaña.