En FutbolinGalicia non nos esquecemos de tódolos xogadores, técnicos ou siareiros que pasaron hai anos polas nosas categorías sénior. Mariano José Pérez é un dos eles. E agora segue no noso fútbol na faceta de adestrador.
Eles tamén forman parte do noso fútbol. Sen a súa gran contribución non poderiamos gozar na actualidade dunha gran saúde en categorías tan especiais coma a Preferente Futgal ou a Primeira Futgal. «Os Vintage» é a súa sección. A de todos aqueles que aportaron un gran de area para que o fútbol galego sexa, sen dúbida, do mellorciño do fútbol estatal.
FutbolinGalicia (en adiante FIG): Cales son as principais diferenzas entre o fútbol do que formaches parte como xogador e o actual no referente a categorías como Terceira RFEF ou Preferente?
Mariano José Pérez (en adiante MJP): «A nivel de clubs existe unha mellora. Hai unha evolución a nivel de infraestructura e prestacións para adestrar, especialmente para o xogador.»
«A nivel deportivo, como xogador, a miña sensación é que agora hai xogadores máis preparados a nivel condicional e táctico. Mais considero que antes viase máis talento individual. Aínda o hai, máis foise perdendo co tempo.»
«Anos atrás había Terceiras con equipos coma o Lugo, o Coruxo ou o Compos. Isto facía subir o nivel.»

«O nivel económico tamén inflúe nestas diferenzas. Baixou un pouco o poder económico e, ao final, os xogadores deciden buscarse a vida por outros lados.»
FIG: Repasamos a túa etapa como xogador. De que equipos formaches parte?
MJP: «Ponferradina, Laracha, Bergantiños, Sada, Boimorto e Paiosaco.»

FIG: E como adestrador?
MJP: «Pasei polo fútbol formativo en Laracha e Arteixo. Adestrei tamén xuvenís en Calasanz e As Pontes. Como adestrador sénior estiven no Larín, Suevos, Cayón, Torre, Cercedense e, este ano, no Once Caballeros.»
Reflexións de Mariano entre o fútbol actual e o de hai uns anos
FIG: Mellorou ou empeorou o fútbol nos últimos 20 anos?
MJP: «Hai diferenzas, especialmente no ámbito organizativo. Todo vai evolucionando, vese unha mellora na estructura dos clubs. Cada vez hai máis xente preparada traballando nos clubs.»
«Os xogadores están mellor preparados, especialmente a nivel condicional, e seguramente tamén a nivel táctico.»

«Agora está todo moi automatizado, todo moi táctico. Vaise perdendo algo de talento, non saen tantos xogadores que digas ‘este enamórame’.»
«Eu teño unha fórmula: a inmediatez ou o proceso. No fútbol amateur, e inclusive no base, vese aínda moito querer resultado. Quérese a inmediatez. O que diga o contrario, minte. Vai en contra dos xogadores, que son os protagonistas do fútbol. Eu creo moito no proceso, na mellora individual do xogador entendendo as situacións do xogo. Isto leva moito tempo.»
«Non dan tempo a dito proceso. Todo o mundo quere inmediatez. Nos xogadores de antes atopabamos creatividade e libertade. Agora soamente querese gañar e vense menos xogadores de ese tipo ca antes.»
FIG: Cales son as principais diferenzas entre nenos e séniors de antes e de agora?
MJP: «A principal diferenza é a pérdida de ilusión e de inculcar esforzo e compromiso. Definiría aos nenos e aos xogadores sénior amateurs coma máis sedentarios e con menos ilusión ca antes.»
«Hoxe un día se a un xogador dun equipo b, filial ou un xuvenil que destaque lle dis de adestrar co primeiro equipo, pon ‘pegas’. Antes eramos diferentes, tiñamos outra ilusión.»
«Hoxe en día hai moitas máis distraccións. Mais a cultura de agora é moi distinta ca de antes.»
«Eu desexaba que chegase o tempo de adestrar e agora moitas veces hai que tirar dos xogadores para que non falten ás sesións.»
FIG: Algún xogador co que compartiras vestiario que chegara lonxe neste deporte?
MJP: «Véñenme á cabeza dous: Iván Pérez e Míchel. Iván chegou a xogar no Deportivo. Eu tíveno de compañeiro no Laracha. Míchel, que é un bo amigo meu, máis eu coincidimos no Laracha e no Bergantiños. El xogou a debutar no Deportivo e fóra de Galicia xogou en clubs coma o Logroñés. Tamén estivo no Lugo.»
O Mariano adestrador actual atópase no Once Caballeros da Segunda Futgal da Coruña
FIG: Actualmente eres o primeiro adestrador do Once Caballeros de Segunda Futgal. Que tal a experiencia ata o momento?
MJP: «Estou moi contento. É un club humilde, cercano e familiar. O máis importante para min é que deixan traballar e non se meten na miña labor coma adestrador. Isto é unha gran satisfacción. Estanme a dar toda a confianza do mundo, o que é un plus para traballar.»
FIG: Cal é o obxectivo do equipo no que queda de tempada?
MJP: «Dende principios de tempada non falamos moito de obxectivos. Falouse de salvar a categoría sen problemas e ata o momento fixemos unha boa primeira volta. Creo que a permanencia está practicamente conseguida.»
«De aquí a final de campaña o obxectivo é seguir mellorando coma equipo no colectivo e a nivel individual aos xogadores. Quen sabe a onde poderemos chegar! Ao final sempre rematas as competicións onde te mereces.»
«Imos con moita humildade. Teño un gran grupo de xogadores, cheo de xente sana e comprometida. Ao rematar a tempada faremos valoración.»
FIG: Algunha anécdota, ano ou equipo no que Mariano gozara sobremaneira como xogador?
MJP: «Como xogador, allí onde estiven, gocei moito co fútbol xa que me apasionaba. Puiden aguantar algún ano máis pero por motivos laborais, físicos e especialmente de motivación terminei deixándoo. Cando perdes a ilusión, debes apartarte.»
«En tódolos equipos e todos os anos estiven moi ilusionado. Evidentemente houbo anos mellores, anos peores, anos nos que xogas menos e custa máis. A verdade é que a nivel amateur disfrutei moito.»
«Quédome co meu debut coa Ponferradina en Copa do Rei ante o Celta. En Galicia destaco o primeiro ano no Laracha, que xogamos a fase de ascenso a Segunda B. Non podo olvidar o ascenso co Bergantiños, de Preferente a Terceira, nin co Boimorto de Segunda a Primeira Rexional, nos meus últimos anos coma xogador.»