# Hashtag

De entrante, unha de Diferenciais!

A cociña da Primeira Futgal bota fume e non é para menos. Aquí só se serven pratos coa intención de deleitar o padar dos seareiros máis incondicionais do fútbol galego. Eses que botan a mañá ou a tarde do domingo agardando por un bo menú, mentres toman o vermú no caso da sesión matinal, ou […]

Os Diferenciais despiden o verán con goles

Rematou o verán, si, pero os afeccionados ao fútbol estamos de sorte porque xa volveu a Primeira Futgal. A competición raíña do fútbol rexional regresou por todo o alto e estanos a agasallar con auténticas exhibicións en cada xornada. Xa é a hora de trocar o chiringuito e pasar a encher os estadios dos nosos […]

Pasiño a pasiño, os Diferenciais fan camiño

Aínda queda moito por pelexar, pero xa hai equipos con intencións claras na Primeira Futgal. Para lograr os obxectivos débese pelexar por eles desde as primeiras xornadas de competición e así non deixar todo o traballo para a segunda volta. Trátase de ir facendo o camiño pouco a pouco e con axuda dos xogadores máis […]

Os Diferenciais xa están coa calculadora na man

Achégase o final e as calculadoras da Primeira Futgal xa ameazan con toupar! Os afeccionados, xogadores, adestradores e demais compoñentes das entidades futbolísticas da categoría xa están fartos de facer cábalas e de calcular as probabilidades que teñen para lograr –ou non– os seus obxectivos. Mais, os números non valen de nada cando o árbitro […]

Que hora é? A dos Diferenciais da Primeira Futgal

Tic, tac, tic, tac… O reloxo da Primeira Futgal non deixa de resoar e os equipos, conscientes de estar ante a última oportunidade para conseguir os seus obxectivos, procuran dalo todo en cada partido. Quedan poucas balas e estragalas nunha fin de semana pode resultar fatal, ben sexa na loita polo ascenso ou pola permanencia. […]

Os Diferenciais prepáranse para o último mes

Logo de dúas semanas cunha situación meteorolóxica bastante favorable, o mal tempo presentouse de novo nas nosas terras. Os días de sol xa quedan atrás e son substituídos pola chuvia e as nubes, o que supón a volta dos campos enlamados e os paraugas nas bancadas. Xa o di o refrán: “Ata o 40 de […]

Os Diferenciais brillan co bo tempo

Cada vez queda menos para a chegada da Primavera e, proba diso, as raiolas de sol que se deixaron ver esta fin de semana nos campos da Primeira Futgal. Os seareiros comezan a saír do acubillo das gradas, o céspede recupera a súa mellor versión e as camisetas térmicas xa quedan relegadas para o próximo […]

Continúa o baile dos Diferenciais

Se ben pasou o Entroido, a festa non parecer rematar na Primeira Futgal, onde continúa o baile de posicións entre os diferentes conxuntos. E é que nunha categoría tan complexa coma esta, as subas e baixadas van ser habituais ata o treito final. Por iso e, co obxectivo de finalizar a temporada do mellor xeito […]

Os Diferenciais teñen a chave da Primeira Futgal

Xa hai máis de medio ano desde que os equipos da Primeira Futgal comezaron a andar. Un período de tempo onde o seu compromiso e amor por unhas cores os levou a tomar sacrificios persoais, adestrar con chuvia e frío e derramar sangue, suor e bágoas en prol dun obxectivo común. Apenas queda un terzo […]

Os Diferenciais animan o Entroido

Quen dixo que o Entroido non é compatible coa Primeira Futgal? Nunha fin de semana ateigada de bailes, charangas, disfraces e risas o fútbol tamén tivo o seu oco e os seareiros máis incondicionais deste deporte puideron desfrutar do espectáculo ofrecido polos seus xogadores máis Diferenciais. E é que ningún dos grupos –nin tan sequera […]