# Hashtag

Sempre nos quedarán os Diferenciais

Nestes días de chuvia e vento houbo quen quedou na casa a ver unha serie ou unha película no canto de ir aos campos de fútbol. Non os culpamos, vai un tempo de cans, pero perderon a oportunidade de gozar dunha xornada espectacular na Primeira Futgal. Porque nunha categoría tan esixente como esta, o guion […]

Castañas e Diferenciais

Xa se albisca o once de novembro e arrecende a castaña polas aldeas, vilas e cidades galegas. De feito, algún magosto chegou con algo de anticipo e xa se celebrou nesta fin de semana. Pero as enchentas non lle quitaron protagonismo ao fútbol. A Primeira Futgal non se viu interrompida e amenizou a tarde daqueles […]

Que medo dan os Diferenciais!

O Samaín tamén se fixo sentir nos campos de fútbol do país, onde se puido desfrutar de exhibicións arrepiantes por parte dos diferentes conxuntos! Porque o terror e a pelota tamén van da man. Non tremen os grandes dianteiros cando se enfrontan a un porteiro coñecido por deter lanzamentos de penaltis? E isto tamén pasa […]

Os Diferenciais marcan o ritmo

Renderse non é unha opción e moito menos cando hai tanto en xogo. Os inicios de temporada poden ser traizoeiros, pois asinar un bo comezo non che asegura nada de cara a finalizar nos primeiros postos da táboa clasificatoria. E ao mesmo tempo, relaxarte pode significar botar por terra as túas aspiracións nas cinco primeiras […]