# Hashtag
#Categorías RFEF

Fútbol xuvenil de élite en Compostela

O fútbol base é un dos motores do deporte na nosa terra. Rapaces e rapazas comezan desde moi novos en academias e clubes, nos que os adestradores os preparan para o seu futuro. Na maioría dos casos, os xogadores completan a súa etapa xuvenil e chegan aos equipos da contorna. Así, dan continuidade ao fútbol que máis nos gusta: o afeccionado.

Porén, hai un reducido número de escollidos que, desde o último escalón do fútbol base —a División de Honra Xuvenil— da o paso cara o fútbol profesional. A maioría dos futbolistas que o consegue sae de canteiras de gran renome a nivel nacional. Tamén os equipos menos recoñecidos xogan un papel esencial, pois forman xogadores de altísimo nivel por medio dun traballo encomiable.

O que é innegable é que na División de Honra Xuvenil hai moito talento e, ao mesmo tempo, impoñen un ritmo de xogo vertixinoso, de xeito que os partidos da categoría son realmente atractivos. Porén, a temporada non comeza ata a primeira semana de setembro. Por iso, os clubes buscan amigables para completar a súa preparación de cara ao inicio de liga.



O torneo e os seus participantes

Precisamente un torneo amigable terá lugar o vindeiro fin de semana (24 e 25 de agosto) no Municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela. O evento congrega, baixo o nome de I Torneo Unindo Camiños, as canteiras máis relevantes de Galicia e do exterior. Os xuvenís de RC Celta, RC Deportivo, SD Compostela, Pontevedra CF, Arosa, SC, ED Valmiñor, CD Choco, Atlético Coruña Montañeros, Sevilla FC e FC Porto conforman o selecto elenco de participantes.

Ademais, o Victoria FC de Santiago e o RC Deportivo Abanca ‘B’ xogarán unha final feminina o día 25. O organizador principal do torneo, o Sporting Santiago, desenvolve o evento co obxectivo de agrupar en Compostela cidades polas que pasan diferentes rutas do Camiño de Santiago.

Por tanto, estes conxuntos xuvenís ofrecerán un auténtico espectáculo futbolístico no Municipal de Santa Isabel. Os seareiros gozarán de contrastes tácticos, con diversos estilos de ataque e defensa, e tamén da técnica de todos os futbolistas participantes. O futuro do fútbol profesional galego estará competindo durante todo un fin de semana na capital de Galicia.



Grupo A – Compostela, Sevilla, Arosa, Pontevedra, Dépor.

Grupo B – Celta, Valmiñor, Choco, Montañeros, Porto.

Imaxe de Portada: Web Xunta de Galicia



Fútbol xuvenil de élite en Compostela

Boimorto, Dumbría e Carral, favoritos no grupo

Fútbol xuvenil de élite en Compostela

Diego Rey, Sarriana: «Non era desatinado pensar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *