# Hashtag
Diario dun mercado da Terceira RFEF

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 3

Tolemia durante a última semana na nosa Terceira! Á xa anunciada renovación de Xinzo no pasado Diario dun mercado de Terceira RFEF, únese a continuidade de pezas claves como Mario Fariña, Gabri, Rivero, Nespereira, Litos, Toño e Marcelo na UD Barbadás. Mais Roberto Abad e Adri Padrón, líder da parcela física e segundo técnico respectivamente, poñen fin a súa etapa no club. Marc, Brayan, Jose Ramón e Cuña non estarán no cadro de xogadores da vindeira tempada.

No RC Villalbés causa baixa o lateral esquerdo Luis Castro. Deixa de vestir a camisola verde e vermella tras un único curso na Magdalena, pero histórico polo fito de ser en Segunda RFEF. O que renova o seu compromiso e, por tanto, estará ás ordes de Alberto López; é o talentoso Javi Rey.

Manu Mariña seguirá no Somozas Páxina web Somozas

Stili será o técnico do Somozas a próximo campaña tras chegar a un acordo cos do Manuel Candocia. No cadro de xogadores contará con Iñaki Leonardo e Jorge Longueira, que chegan dende o Arosa e o Silva, respectivamente. Ademais de renovar a Manu Mariña, Álvaro Rey, Joel López e Paco Fernández. Mais despídense Julián Nieto, Alberto Leira, Josemi Cerro, Jesús Gabarre, Álex Vázquez, Fathellah Al Hazzazi e Endika. Con tantas baixas o normal é que nos próximos días o Somozas vaia anunciando altas. Xa se sabe: deixen saír para poder entrar!



O Arosa, tras a marcha de Luisito, dá a benvida a Míchel Alonso, que dirixiu á SD Compostela neste curso, e a Álvaro Cano, encargado da preparación física. O atacante pucelano Rubo Blanco, autor de 7 goles este ano, abandona o equipo arlequinado. Marcos Mella, Borja Míguez, Santi Figueroa, o gardameta Raúl Rodríguez, Brais Pedreira e Diego Enjamio, este último por incompatibilidade laboral; completan as despedidas. Volta tras cesión David Conde, renovan Dani Sánchez e Antón Concheiro e sobe do xuvenil o defensa Sergio Prieto.

Mon renova un ano máis o seu compromiso co Betanzos. Twitter Betanzos

As primeiras novas de xogadores no Betanzos son renovacións. Mon, Ángel , Juan de Dora, Manu Barbeito e Casariego comezan por dar forma ao proxecto 24-25. No Alondras, a institución de Yahvé Prieto deixa o fútbol. Cambiando de provincia, o Viveiro estará liderado por Jandry Rego, que exerceu de asistente de Alberto López durante a 23-24. Trátase, por tanto, dunha liña continuista nun proxecto dos da Mariña. Ayoub, Juan López, Diogo, Arturo e Rolle renovan en Cantarrana. Lugar ao que chega o defensa zurdo Chucas, procedente do Arzúa.

A dirección deportiva do Silva e Iván Sánchez seguirán comprometidos por segundo ano consecutivo. O adestrador vasco sufrirá algún cambio no seu staff técnico co obxectivo de optimizar funcións tal e como se desliza no comunicado do club. O xogador Jorge decidiu non continuar. O seu destino é o Somozas. Brais Lema e Rodrigo Parafita, na que será a súa terceira etapa no club, completan a lista de altas.



A oferta de renovación que o Estradense puxo sobre a mesa, foi finalmente rexeitada por David Páez, por non coincidir a ambición deportiva entre o técnico e o club. A Sarriana tamén muda de adestrador. Jorge Cuesta pecha o seu ciclo na Ribela e As Eiroas verá como dirixe ao Bergantiños. Falta por ver quen será o capitán xeral do proxecto dos de Sarria.

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 3

O último servizo de Jorge Salgado, heroe

1 comentario

  1. […] Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 3 […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *