# Hashtag

O último baile dos Diferenciais

Ninguén o desexou, pero chegou o final. A Primeira Futgal asinou nesta xornada, no Día das Letras Galegas, un desenlace que será lembrado durante moitos anos. Malleiras, ascensos, salvacións agónicas… Moitos afeccionados derramaron bágoas, ben sexa de ledicia ou de tristura, neste último baile da temporada. Unha danza onde os Diferenciais brillaron coma sempre, despedindo […]

Os Diferenciais xa están coa calculadora na man

Achégase o final e as calculadoras da Primeira Futgal xa ameazan con toupar! Os afeccionados, xogadores, adestradores e demais compoñentes das entidades futbolísticas da categoría xa están fartos de facer cábalas e de calcular as probabilidades que teñen para lograr –ou non– os seus obxectivos. Mais, os números non valen de nada cando o árbitro […]

Que hora é? A dos Diferenciais da Primeira Futgal

Tic, tac, tic, tac… O reloxo da Primeira Futgal non deixa de resoar e os equipos, conscientes de estar ante a última oportunidade para conseguir os seus obxectivos, procuran dalo todo en cada partido. Quedan poucas balas e estragalas nunha fin de semana pode resultar fatal, ben sexa na loita polo ascenso ou pola permanencia. […]

No sprint final van estar os Diferenciais

Xa quedan menos de 10 partidos para pórlle o peche á Primeira Futgal e, como non pode ser doutro xeito, os equipos xa se preparan para o sprint final. De aquí ata o remate da competición, cada xornada é unha final onde pode pasar de todo. E é que a ‘carreira de cabalos’ polo ascenso […]

Carlos Timiraos, UD Xove Lago: «Estamos focalizados en conseguir a salvación»

O Xove Lago vive o seu mellor momento da tempada tras encadear tres vitorias consecutivas que lle permitiron abandonar os postos de descenso. A goleada por 4-0 fronte ao Chantada Atlético confirmou a reacción dun equipo moi novo que soubo sobrepoñerse a un inicio de curso cheo de dificultades. As lesións de xogadores clave, os […]

Os Diferenciais teñen a chave da Primeira Futgal

Xa hai máis de medio ano desde que os equipos da Primeira Futgal comezaron a andar. Un período de tempo onde o seu compromiso e amor por unhas cores os levou a tomar sacrificios persoais, adestrar con chuvia e frío e derramar sangue, suor e bágoas en prol dun obxectivo común. Apenas queda un terzo […]

Ao mal tempo, os Diferenciais poñen boa cara

O paso de Ingrid pola nosa comunidade autónoma motivou o aprazamento dos partidos programados para o sábado. Porén, a Primeira Futgal disputouse practicamente na súa integridade, pois boa parte dos choques tiveron lugar nun domingo onde nin a auga nin a neve puideron estragarnos a tarde de fútbol. E vaia se o agradecemos, xa que […]

Regresa o fútbol e volven os Diferenciais da Primeira Futgal

As vacacións de Nadal serviron para desconectar un pouco, estar coa familia e, sobre todo, descansar. Así e todo, os equipos da Primeira Futgal non pararon de adestrar durante esta parón. Ademais das citas copeiras e os partidos aprazados, tiñan esta fin de semana marcada en vermello no calendario. E non é para menos: volveu […]

O temporal deixa auga e grandes actuacións dos Diferenciais

Nin a chuvia nin o mal tempo puideron interromper unha xornada onde a auga, a emoción e os goles caeron a chuzos. Dá igual que o terreo de xogo se converta nun lameiro, pois os Diferenciais da Primeira Futgal seguirán a ofrecer maxia e espectáculo por onde pasen. Treboada no cumio Apenas 5 puntos separan […]

Os Diferenciais comandan unha Primeira Futgal inesquecible

Superada a décima xornada, a Primeira Futgal segue a ofrecer tardes de espectáculo por todo o territorio galego. A igualdade entre os equipos fai que cada fin de semana sexa unha festa futbolística onde ninguén sabe que pode acontecer agás os seus protagonistas máis Diferenciais… As goleadas poñen a clasificación patas arriba O grupo coruñés […]

  • 1
  • 2