# Hashtag

Os Diferenciais nunha xornada que deixou sorpresas na Primeira Futgal

Momento de buscar Diferenciais de FutbolinGalicia dunha xornada de Primeira Futgal con sorpresas. Entre elas, a que provocou un cambio de liderado no grupo 1. O Sporting Cambre caeu derrotado na casa ante o que era colista, o Galicia de Caranza, que se impuxo cun gol de Bruno no minuto 84. Deste xeito, o novo líder é o Victoria CF, que empatou 1-1 ante unha Cultural Maniños que reaccionou ben ao gol das cebras e logrou igualar cun tanto de Hugo. Na zona media da táboa aséntase o Torre SD, que lle deu a volta ao gol inicial do Oza Juvenil cun dobrete de Habib.

No grupo 2, outra das sorpresas foi o picazo do Dumbría, que non puido aproveitar o empate do líder para recortar distancias. O Dumbría caeu no Juan Amado 2-3 ante un bo Praíña que gañou con dobrete de Soto e un gol no minuto 87 de Álvaro Márquez. E tampouco o líder puido aproveitar como lle gustaría para abrir fenda: o Club do Mar empatou 1-1 ante un Fisterra que logrou igualar o marcador na segunda metade, cun tanto de Isaac, que suma xa 21 goles en liga.

Tamén sorprendeu -neste caso polo abultado marcador- a vitoria do Boimorto 7-1 ante o Muxía. Borja Casal anotou catro dos goles que se puideron ver no Carballal. Na zona media, o Vea superou 4-2 á Esteirana, e xa empatan a puntos. Lucas Vázquez asinou un ‘hat trick’.



Outra das sorpresas, en Salvaterra

Caeu o líder do grupo 6. O Tyde, malia poñerse por diante, acabou sufrindo a segunda derrota da tempada. Foi ante o Progresista que está a protagonizar unha gran campaña, situandose a seis puntos do play-off sendo un equipo acabado de ascender. Borja Rodríguez anotaba o gol que comezou a remontada.

De remontadas foi a cousa no encontro entre o Gondomar e o Tomiño, pero ao final impuxéronse os tomiñeses (5-3), que suman tres puntos de ouro ante un rival da parte alta. David Solleiro anotou un dobrete. No campo da Granxa tamén se viron unha chea de goles. O Domaio xa ve a permanencia a dous puntos tras superar 6-2 á Milagrosa con tres dobretes, os asinados por Roberto, Hamza e Moisés.

No grupo 5, o Unión de Asados pechou a súa mala xeira cunha vitoria 4-1 ante o Campo Lameiro. Foi Pablo Rodríguez quen abriu o marcados nos minutos iniciais. Os de Rianxo son segundos, a nove puntos do líder Puebla. Un dos partidos da xornada foi, sen dúbida, o que mediu ao Cordeiro (terceiro) e o Arcade (cuarto). Foron os de Arcade os que levaron a vitoria (1-0), cun gol solitario de Javier Couñago.



Comezou o Entroido en Ourense

Comezou o Entroido en Xinzo e iso xa se sentiu no campo da Moreira, onde se viu unha curiosa imaxe co céspede tomado por dinosaurios. No aspecto puramente deportivo, o líder Antela, cun gol de Oliver, cortou a racha de seis partidos sen perder e catro vitorias consecutivas do Melias. O Polígono mantense a un punto do play-off tras colleitar unha contudente vitoria ante o Maside, con triplete de Joel incluído. Na parte baixa, a loita pola salvación está que arde e ningún equipo tira a toalla. O Loñoá abandonou o descenso tras vencer ao Sporting Carballiño con goles de Gabri e Pablo.

En terras luguesas, Castro e SD Chantada ofreceron un bo espectáculo que acabaron levando os do Arturo Pereiro por 3 goles a 2. Muíña, autor do segundo, foi o destacado. O que non dá tregua é o líder, o Burela, que se impuxo 3-0 a un Outeiro de Rei que queda tocado tras o ‘hat trick’ asinado polo presidente do club, Jairo Campo. Tampouco escatimou a Residencia: 5-0 ante o Guntín con Chiqui como destacado.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.



Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.



Os Diferenciais nunha xornada que deixou sorpresas na Primeira Futgal

Os apuntes da xornada: a Terceira RFEF

Os Diferenciais nunha xornada que deixou sorpresas na Primeira Futgal

Iago Quintairos, Atlético Arnoia: «Nin se nos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *