# Tags

O Boiro dos tres Marios sumou a primeira vitoria da tempada

O CD Boiro viaxou a Sarria o pasado domingo cun obxectivo claro: sumar a primeira vitoria da tempada. Conseguiuno e, ademais, ao grande, vencendo 0-3. Fíxoo ademais cunha curiosidade no once, pois foron titulares os tres Marios do equipo, Romero, Prol e Regueiro. A pasada tempada había un cuarto, o porteiro Mario Barreiro, agora no Lalín.

O adestrador do Boiro, José Manuel Rodríguez Casais, Cardeñosa, indica que esta tripla coincidencia de nomes non supón un problema nos adestramentos e partidos. «Para min son Romero, Prol e Regueiro«, indica o técnico do equipo de Barraña. Polo tanto, nada de Mario no fútbol para ningún dos tres, pero si fora. «Os meus amigos e familiares si me chaman Mario habitualmente«, sinala Prol.

Este domingo, os tres compartiron titularidade ante a Sarriana. Mario Romero repartiu xogo no centro do campo, Regueiro atacou pola dereita e Prol (que asistiu a Yago no 0-2) acompañou a Sylla arriba. Coincidiran os tres sobre o terreo de xogo noutros partidos desta tempada, pero na Ribela foi o primeiro no que saíron de inicio.



A traxectoria dos tres Marios do Boiro

O maior dos tres é Mario Prol, que naceu no verán de 2002 en Santiago e afronta a súa segunda tempada en Barraña. Formouse na canteira do CD Lugo e mais do Celta, antes de dar o salto á Terceira RFEF. Pasou polo Noia, o Arzúa e o pasado curso formou parte do cadro de xogadores co que o Boiro regresou ao quinto chanzo do fútbol estatal.

De Rianxo e do 2003 é Mario Romero. Quinta tempada para el nun Boiro ao que chegou en idade xuvenil, procedente do Conxo Santiago. A traxectoria de Mario Regueiro, do 2004, tamén está moi ligada ao CD Boiro, se ben inclúe unha paréntese dun ano, a tempada 2022/2023, cando estivo nas filas do Compos de División de Honra Xuvenil.

Primeira vitoria da tempada

Curiosidades á marxe, o Boiro sumou de tres por vez primeira esta tempada en Sarria. Cardeñosa admite que foi «unha liberación, despois de tres partidos nos que non conseguimos ganar, aínda que merecimos algo máis na casa, ante Estradense e Alondras, non así ante o Silva«.



O Boiro púxose por diante ao comezo do partido, cun gol de Sylla, que rematou un balón servido dende o córner por Álex Rey. «Sabiamos que nos ían apertar, porque a Sarriana é un equipazo, e no descanso xa lles dixemos aos xogadores que tiñamos que saber sufrir, pero que non podiamos renunciar a atacar«, explica.

O equipo de Cardeñosa tivo varias ocasións e acabaría aproveitando dúas perdas de balón do conxunto local para distanciarse no marcador, cos goles de Yago e de novo Sylla na segunda metade. Esta vitoria foi unha inxección de ánimo para o cadro de xogadores, que xa pensa no seguinte partido. Os tres Marios e o resto de futbolistas do Boiro agardan seguir dando alegrías á súa afección.



O Boiro dos tres Marios sumou a primeira vitoria da tempada

Miguel Fernández, UD Ourense: «Apetecíame afrontar un

O Boiro dos tres Marios sumou a primeira vitoria da tempada

Félix Rial, CD Choco: «Estou no sitio

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *