# Hashtag

Yago García, Boiro: «Vía con bos ollos o salto a unha categoría superior»

Yago García Escolar recalou no Boiro este verán procedente do Sigüeiro. Falamos con el sobre o seu pasado no Compos, os motivos da súa chegada ao Boiro, o empate no día de onte ante o RC Villalbés e os obxectivos individuais e colectivos para este curso futbolístico.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Tras catro tempadas entre Compostela e Sigüeiro, recalaches este verán no Boiro. Como se fraguou a fichaxe?

Yago García (en adiante YG): «O Boiro veu nun bo momento. Despois dun gran ano tanto a nivel individual coma colectivo, vía con bos ollos o salto a unha categoría superior.»



«As conversas co presidente foron moi rápidas e sabendo que Cardeñosa era o adestrador, a elección era moi sinxela.»

FIG: Que recordos gardas do teu paso pola disciplina do Compostela e o seu filial Sigüeiro?

YG: «En xeral gardo moi bos recordos e moitos amigos. Co Compos quédome co día en que debutei co primeiro equipo. Co Sigüeiro non olvidarei a vitoria na Copa del Sar a pasada tempada.»



FIG: Nove puntos dos últimos quince en xogo, sen ningunha derrota dende a xornada dúas. Cal está a ser a clave desta boa xeira?

YG: «Diría que está a ser o ir todos a unha, correr e pelexar xuntos e que pouco a pouco ímonos coñecendo todos máis e mellor.»

FIG: Na tarde de onte empatastes sen goles ante o RC Villalbés. Como foi o encontro?



YG: «Foi un partido duro ante un rival moi físico e cun cadro de xogadores para estar arriba na clasificación. Pode que o empate sexa un resultado xusto, mais tivemos ocasións claras como para ter anotado o gol da vitoria.»

FIG: Cal é a meta do Boiro neste curso? E o de Yago García a nivel individual?

YG: «O obxectivo do club é ir crecendo pouco a pouco con traballo e humildade. O primeiro é conseguir a salvación e despois tentar quedar o máis arriba posible.»

«A nivel individual céntrome en dar o mellor de min en cada partido e sumar os máximos goles e asistencias posibles.»



Yago García, Boiro: «Vía con bos ollos o salto a unha categoría superior»

O terceiro tempo. Episodio 5

Yago García, Boiro: «Vía con bos ollos o salto a unha categoría superior»

A xornada deixa tres remontadas épicas na

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *