# Hashtag

Julio Rey, Céltiga FC: «Non podemos esquecer o que nos pasou o ano pasado porque sería un erro»

A pesar de contar con ofertas de superior categoría, Julio Rey tomou a decisión de ficar no Céltiga FC, onde vivirá a súa segunda tempada tras saír dun xeito doloroso do club da súa vida, o Arosa SC, que tamén contactou con el este verán. El cre que non era o momento de volver, pero queda tranquilo despois de solucionar a situación coa directiva arlequinada.

Agora, o talentoso mediapunta xa pensa en volver render ao máximo nivel na Illa para redimirse da decepción da última xornada, onde o Céltiga perdeu o ascenso nun fatídico encontro ante un descendido Ribadumia. Hoxe, Julio Rey atende a Futbolingalicia para repasar as primeiras sensacións da pretemporada, a fin do último curso, os obxectivos deste ano ou a súa relación actual co Arosa.

Futbolingalicia: Empezas a túa segunda tempada no Céltiga, que sensacións tes neste inicio de pretempada?



Julio Rey: Pois confío moito no cadro de xogadores que se fixo para esta tempada, xa que nos reforzamos moi ben e a competencia entre nós será esixente. Iso fará que o nivel individual suba.

FIG: O pasado domingo debutastes contra o Boiro en Vilanova de Arousa (2-2) e competistes ante un equipo de maior categoría e máis rodado. Que conclusións sacastes do partido?

JR: Non deixa de ser un partido de pretemporada no que buscamos atopar sensacións tanto físicas como individuais e colectivas. O positivo é que estamos capacitados para competir contra calquera e que temos que ser un equipo gañador desde a primeira xornada.



FIG: O ano pasado quedastes a un pasiño de ascender. Superastes ese momento ou aínda pensades nel de cando en vez?

JR: Foi un golpe bastante duro, pero debemos aprender dos erros do ano pasado. Non podemos esquecer o que nos pasou o ano pasado porque sería un erro. Temos que ser conscientes de que ninguén nos vai a regalar nada e que o que consigamos chegará porque o gañamos no campo.

FIG: Supoño que esta nova tempada é unha oportunidade para redimirse daquel partido contra o Ribadumia?



JR: Como xa dixen, temos que aprender dos erros e ser un equipo gañador. Sería bonito quitarse esa espiña que nos quedou o ano pasado.

FIG: Que obxectivos vos marcades a nivel grupal?

JR: O obxectivo é estar arriba e conseguir o ascenso, pero non é fácil. Hai moitos equipos que se reforzaron ben e hai campos moi difíciles pero sabemos a calidade dos xogadores que temos no equipo. Os rivais dirán que somos favoritos e temos que ser conscientes diso.

«Os rivais dirán que somos favoritos e temos que ser conscientes diso«

FIG: E a nivel individual, cales son as túas metas para esta tempada?



JR: Pois axudar en todo o posible ao equipo, achegando todo o que poida, tanto dentro do campo como fóra. O ano pasado foi un bo ano en canto a números pero sei que podo melloralos e márcome ese obxectivo.

FIG: Houbo achegamentos este verán para volver ao Arosa ou eses contactos só serviron para limar asperezas?

JR: O Arosa púxose en contacto comigo e tivemos dúas reunións na que querían que volvese pero creo que non era o momento. Non foi fácil para min pero polo menos serviu para arranxar as cousas, que iso para min era o máis importante. O club é moi importante para min e agora poderei ir á Lomba con ganas de ver ao equipo e de ver xogar aos meus amigos.

FIG: Que motivos fixeron que quedaras no Céltiga?

JR: Pois no Céltiga atopei un club próximo e persoal, algo que para min o é case todo. A pesar de ter ofertas superiores considerei que o mellor sitio para poder gozar do fútbol sería na Illa e non me equivoquei.

Imaxe: Noé Parga (Faro de Vigo)

Julio Rey, Céltiga FC: «Non podemos esquecer o que nos pasou o ano pasado porque sería un erro»

Piolín, Ribadavia Atlético: «Este será un ano

Julio Rey, Céltiga FC: «Non podemos esquecer o que nos pasou o ano pasado porque sería un erro»

O Pontevedra CF asume a xestión do

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *