# Hashtag

Iker Fernández, CD Córgomo: «Desde que me presentaron o proxecto, non tiven que pensalo moito»

O CD Córgomo está a ser un dos grandes protagonistas do grupo 4 da Primeira Futgal neste inicio de tempada. O equipo ourensán suma seis vitorias e un empate nas sete primeiras xornadas, uns números que reflicten o seu bo momento tanto polos resultados como polo xogo. Con ambición e sen renunciar a ningún obxectivo, o conxunto busca dar un paso máis este curso despois de quedar ás portas do ascenso a pasada campaña.

Un dos nomes propios deste arranque é Iker Fernández, atacante berciano que xa suma sete goles en sete partidos. Chegado no verán procedente do Atlético Bembibre, da Terceira RFEF de Castela e León, o dianteiro atopou no Córgomo un proxecto que o convenceu desde o primeiro momento. Tras unha tempada complicada no plano deportivo, o xogador que chegou a debutar en Segunda RFEF coa Gimnástica Segoviana busca recuperar sensacións e contribuír cos seus tantos a que o equipo loite polo ascenso.

Futbolingalicia: O Córgomo é un dos mellores equipos da categoría neste inicio de tempada, con seis vitorias e un empate. Que valoración fas destas primeiras xornadas?



Iker Fernández: «A valoración é moi boa, a verdade, xa que só deixamos escapar dous puntos de 21 posibles. E non só polos resultados, senón tamén polo xogo».

FIG: Varios deses partidos acabaron en goleada. Como ves o nivel do grupo 4?

IF: «Vexo que hai un bo nivel, a verdade. Nesta categoría, noutras comunidades hai menos nivel que na galega».



FIG: O cadro de xogadores combina a experiencia de homes como Ivi Vales, Yosu ou David Álvarez coa mocidade de xogadores coma ti. Cres que esta é unha das claves do bo rendemento?

IF: «Si, creo que a experiencia dos meus compañeiros, como ti ben dixeches, e as ganas que temos os máis novos de facer ben as cousas están a ser as claves do bo rendemento».

FIG: Confiades en lograr un ascenso que o club rozou o ano pasado?



IF: «Si, claro. É un dos obxectivos, sen ningunha dúbida».

FIG: Na Copa Deputación de Ourense eliminastes o Barbadás, de Preferente. É a Copa outro obxectivo importante para vós?



IF: «Obviamente, non lle pechamos a porta a nada. Todo o que sexa gañar vai ser importante para nós, e non todos os días se xoga nun estadio como O Couto».

FIG: No apartado persoal, levas sete goles en sete xornadas. Como te estás a sentir?

IF: «Estou moi contento de poder axudar o equipo nese aspecto e oxalá siga sendo así durante todo o ano».

FIG: Chegaches no verán procedente do Atlético Bembibre, da Terceira RFEF de Castela e León. Que te levou a tomar esa decisión?

IF: «Máis que nada, foi unha decisión persoal, xa que o ano pasado non me sentín moi valorado. Desde o momento en que se puxeron en contacto comigo e me presentaron o proxecto, non tiven que pensalo moito». 

FIG: Como ves o nivel do fútbol galego en comparación co doutras comunidades?

IF: «Como dixen antes, paréceme que hai bastante nivel, a verdade, e sorprendeume moito en comparación co doutras comunidades».

FIG: Como recordas o teu paso pola canteira da Ponferradina e polo La Cruz Villanovense?

IF: «Na Ponferradina, foi un orgullo defender o escudo da miña terra, aínda que fose nas categorías inferiores. E do meu paso polo Villanovense gardo un cariño especial polas amizades que fixen e pola categoría na que xoguei, que lembro con moita ilusión».

FIG: Que sensacións tiveches o ano pasado no teu salto ao fútbol sénior e na Gimnástica Segoviana, coa que chegaches a debutar en Segunda RFEF?

IF: «A verdade é que o ano pasado non foi fácil para min no ámbito deportivo, pero vivín situacións que me axudaron a aprender de cara ao futuro. En canto á miña etapa en Segovia, sempre estarei agradecido por todo o que vivín alí, tanto no plano persoal como no deportivo, e polas grandes persoas que levo comigo desa etapa».

Iker Fernández, CD Córgomo: «Desde que me presentaron o proxecto, non tiven que pensalo moito»

Os equipos galegos que seguen sen perder

Iker Fernández, CD Córgomo: «Desde que me presentaron o proxecto, non tiven que pensalo moito»

Iker Fernández, CD Córgomo: «Desde que me