# Hashtag
#Terceira RFEF

Os últimos dez minutos deciden na Terceira RFEF

Na cuarta xornada da Terceira RFEF , sete conxuntos conseguiron anotar nos últimos dez minutos dos seus partidos. Algúns xa tiñan a vitoria encamiñada, outros conseguírona cun gol sobre a bocina e, nalgúns casos, ese tanto serviu polo menos para rescatar un punto.

O Portonovo venceu ao Silva por 4-2. Os locais xa abriron o marcador antes do descanso cun tanto de Juan Barbeito e un golazo de Charly. O Silva conseguiu reaccionar no segundo tempo para poñer o 2-1 por medio de Mouriño, pero volveron aparecer os locais, esta vez por medio de Pedro Rey. Naim Rodríguez recortou distancias e, co 3-2 no marcador, Eloy Rosal sentenciou o encontro ante un Silva que rematou con dez xogadores.

Tamén lle serviron os últimos minutos para ampliar a contenda ao Alondras, que gañou ante o Atlético Arteixo por 2-4. Os de Cangas levaron o ritmo do partido e xa marcaron no minuto 7, por medio de Marcos Fontaán. No 10’, Manufre puxo o segundo e tamén sería o encargado de marcar o terceiro despois de que Uwumiro aproximara ao Atlético Arteixo. O partido chegou ao descanso co 1-3 no marcador. Na volta, Jairo Rivero puxo o segundo para os locais e Pablo Iglesias, xa no 90’, puxo o definitivo 2-4.



O Céltiga, que xa ía gañando ante o Estradense, sentenciou a súa vitoria no minuto 87 cun gol de Fran López, encargado de marcar os dous tantos do encontro.

Ao Boiro escapóuselle a vitoria no minuto 84 ante o Racing Villalbés, nun encontro que finalmente rematou 1-1. Os locais xa se adiantaran no minuto 26 por medio de Yago Insua, pero non foron quen de poñer máis distancia no marcador. Un gol de Adri Castro permitiu aos visitantes rescatar un punto.

Penaltis que valen tres puntos

A Sarriana tivo que esperar ata os últimos minutos para sentenciar o encontro ante o Gran Peña. Os de Sarria comezaron ben e conseguiron chegar ao descanso co 2-0 no marcador tras os goles de Adrián Rodríguez e Jacobo Vilariño. Na segunda parte, as tornas cambiaron e os visitantes conseguiron empatar grazas a Noe Andina e Ube. O que lles deu os tres puntos aos locais foi un penalti no 86’, transformado polo protagonista do partido, Adri Rodríguez, que completou así o seu dobrete.



O Viveiro sumou os seus primeiros tres puntos ante o Atlético Montañeros, ambos en situación de descenso actualmente, tras gañar por 1-2 cun gol no minuto 90. O tanto de Carlos Teixeira, desde o punto de penalti, decidiu o encontro despois de que os coruñeses tamén empataran grazas a unha pena máxima. O primeiro tanto do encontro fora de Arturo para os viveirenses.

O Somozas completa a zona de perigo despois de caer pola mínima ante o Antela, que tamén sumou os tres puntos grazas a un penalti transformado por Tiago Teixeira.

Puntos pola mínima

O Lalín e o Barco non foron quen de inclinar a balanza e repartiron puntos tras rematar 1-1. Manu Galego puxo por diante aos lalinenses no primeiro tempo, mentres que Jorge Benavides puxo as táboas no 75’.



Tampouco o tivo fácil o Pontevedra B, que recibía ao Arenteiro nun partido bastante competido no que se chegaron ás dez tarxetas, incluída a vermella ao porteiro ourensán tres minutos antes de rematar o partido. Un único gol, o de Lucas González, decidiu o encontro.

Os últimos dez minutos deciden na Terceira RFEF

Luciano Urán, Monterrei CF: «O obxectivo é

Os últimos dez minutos deciden na Terceira RFEF

Os últimos dez minutos deciden na Terceira