# Hashtag

David Gegunde, Racing Vilalbés B: «Aínda teño moito que aprender e moitas cousas que vivir aquí»

O Racing Vilalbés B reaccionou con contundencia á derrota da primeira xornada cunha goleada por 4-0 ante o Taboada. David Gegunde foi un dos protagonistas do encontro ao asinar un dobrete que permitiu ao filial sumar os seus primeiros puntos do curso e recuperar confianza. O centrocampista, que compaxina o filial co primeiro equipo e […]

Pasiño a pasiño, os Diferenciais fan camiño

Aínda queda moito por pelexar, pero xa hai equipos con intencións claras na Primeira Futgal. Para lograr os obxectivos débese pelexar por eles desde as primeiras xornadas de competición e así non deixar todo o traballo para a segunda volta. Trátase de ir facendo o camiño pouco a pouco e con axuda dos xogadores máis […]

Os gladiadores da Primeira Futgal son os Diferenciais

A Primeira Futgal estase a converter nun coliseo romano nestas últimas datas, pois a meirande parte dos equipos seguen con esperanzas de lograr os seus obxectivos. Agás o Chantada, os líderes de cada un dos grupos deberán rillar o campo se queren o título, igual que lles sucede aos pechacancelas da competición, cuxas balas se […]

Que hora é? A dos Diferenciais da Primeira Futgal

Tic, tac, tic, tac… O reloxo da Primeira Futgal non deixa de resoar e os equipos, conscientes de estar ante a última oportunidade para conseguir os seus obxectivos, procuran dalo todo en cada partido. Quedan poucas balas e estragalas nunha fin de semana pode resultar fatal, ben sexa na loita polo ascenso ou pola permanencia. […]

Os Diferenciais desta xornada copeira

Aínda queda unha semana para que volva a Primeira Futgal, si, pero moitos dos equipos das categorías rexionais galegas xa regresaron ao traballo. O motivo? Unha xornada de Copa chea de emoción, goles e moitas sorpresas e que contou coa maxia dos Diferenciais como o mellor aderezo posible. Non hai mellor agasallo de Reis anticipado […]

Un agasallo Diferencial polo Nadal! Con Javi Pita (Ex Ribadeo)

Ante o parón da Primeira Futgal traémosvos un pequeno agasallo de Nadal, lectores dos Diferenciais. A chegada do Nadal fixo que Javi Pita (O Vicedo, 1991) colgase as luvas definitivamente. Veremos se desta vez é para sempre, porque o cancerbeiro mariñán xa amagou durante o verán co retiro. Pero o Ribadeo non quixo prescindir dos seus […]

Os Diferenciais comandan unha Primeira Futgal inesquecible

Superada a décima xornada, a Primeira Futgal segue a ofrecer tardes de espectáculo por todo o territorio galego. A igualdade entre os equipos fai que cada fin de semana sexa unha festa futbolística onde ninguén sabe que pode acontecer agás os seus protagonistas máis Diferenciais… As goleadas poñen a clasificación patas arriba O grupo coruñés […]

Os equipos galegos collen forma grazas aos Diferenciais da Primeira Futgal

Os conxuntos da Primeira Futgal continúan coa súa posta en marcha nesta segunda xornada de competición. Futbolin Galicia non falla á cita de cada luns e recolle as actuacións máis destacadas da fin de semana nos campos galegos. Xa están aquí os Diferenciais dos grupos 1, 2 e 3. As ‘quenllas’ morden con saña No […]

  • 1
  • 2