# Hashtag
Diferenciais FutbolinGalicia 2024 2025

Estes foron os Diferenciais na última entrega da Primeira Futgal en 2024

A última xornada de 2024 na Primeira Futgal deixou un regueiro de emocións e é momento de repasar os Diferenciais de FutbolinGalicia. O grupo 1 apértase por arriba. Tras alcanzar o liderado a pasada xornada, o Orillamar mantense primeiro logo de derrotar 1-0 ao Victoria –que cae de play-off–; o capitán Román foi o autor do gol.

O Cambre venceu 3-2 ao Sporting Meicende tras darlle a volta a dous tantos visitantes e Hugo González foi o artífice do gol que comezaría a remontada. Pola zona media, o Oza Juvenil logrou afastarse do descenso cunha importante vitoria ante o Perlío. Cotelo fixo un dos goles.

No grupo 2, o partidazo entre Club do Mar e Carral finalizou en empate. Aproveitou a situación o Dubría para asaltar a segunda posición tras gañar 6-3 ao Calo nunha tarde na que Diego Estévez fixo catro goles e suma xa 18 no que vai de liga. Partido de moitos goles tamén o vivido no Juan Amado, onde o Praíña levou os puntos ao superar 4-3 á Esteirana con ‘hat-trick’ de Manu Soto.



No medio das celebracións do seus 75 aniversario, o Vista Alegre deu unha alegría aos seus vencendo a domicilio ao Bertamiráns. Jonatan Torres, que entrou ao campo no 87, fixo o gol da vitoria.

Os grupos de Pontevedra din adeus ao 2024

A última xornada do ano viña no grupo 5 cun partido moi especial. Puebla e Unión, que levan toda a tempada á cabeza, medíronse no campo Da Alta. O Puebla venceu 2-0 con dobrete de Juan García –leva 13 goles en liga– e eleva ata os catro puntos a diferenza entre ambos os dous equipos.

No derbi, o Arcade impúxose con claridade ao Soutomaior (6-2) con actuación destacada de Islam el Ouarari, autor de tres tantos. Só un gol houbo na Ran, onde o Atlético Cuntis superou pola mínima ao San Martín e queda a seis puntos do play-off; Iván Folgar fixo o gol.



Entretanto, no grupo 6, o Caldelas está a só un punto deses postos de promoción. Conseguen achegarse á zona nobre logo dunha traballada vitoria ante o Gondomar (1-3), na que foi moi importante a contribución de Lois Martínez, que anotou un dobrete.

Ademais, o Arenteiro ‘B’ rematou 2024 cun sorriso, o que lle produzo a vitoria 4-2 ante o Racing Castelos, nun partido no que Óliver Pájaro puxo a súa sinatura a tres goles dos verdes. Tamén sorrí o Vila do Corpus. A pasada xornada remataron colistas, e tras o último partido do ano están fóra do descenso. Para logralo tiveron que remontar un 3-0 ante o Goián. David Rodríguez poñía o definitivo 3-4 dende o punto de penalti.

A fin do ano nos grupos de Lugo e Ourense

Por terras ourensás, o Antela pecha o ano líder, con once puntos de vantaxe. Venceron 3-1 ao Monterrei no último partido deste 2024 para eles. O futbolista natural de Xinzo Carlos González (ex de Arenteiro, Rápido e Barbadás) regresou ao Antela e só precisou oito minutos para anotar o seu primeiro gol e figurar entre os Diferenciais.



O Polígono superou 2-0 o segundo clasificado, o Celanova, para asaltar a terceira praza e quedar só a un punto dos de San Rosendo. David Domínguez encargouse de abrir a lata. O equipo que semella non ter teito é o Córgomo. Venceron 1-3 a un dos chamados a estar arriba, o Nogueira, cun triplete do valdeorrés Dani Real.

Gañaron os catro de arriba no grupo de Lugo. O Burela di adeus ao 2024 gañando na Marosa con autoridade 3-0 ao Chantada Atlético. David Ben anotou o primeiro. Os da Mariña son os campións de inverno e están seguidos da Residencia. O conxunto da capital da provincia retén segunda praza grazas a un gol no engadido de Jorge Pereira, que repite na listaxe dos Diferenciais.

Pola parte baixa, o Oural quixo un bo respiro antes de estrear ano novo. O equipo de Negrete sumou no Luis Pallín tres puntos de ouro que o achegan á permanencia. Venceron 2-1 grazas a un tanto de Diego Díaz a falta de cinco minutos.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.



Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.

Estes foron os Diferenciais na última entrega da Primeira Futgal en 2024

Os xefes da Terceira

Estes foron os Diferenciais na última entrega da Primeira Futgal en 2024

Adri Rodríguez, Céltiga FC: «Pelexar o ascenso

1 comentario

  1. Eduardo Rodríguez
    25th Dic 2024 Reply

    Diferencial Anxo Méndez do Foz.
    Partidazo,2 goles e 18 anos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *