# Hashtag
#Fútbol Feminino #Terceira Galicia Feminina

A Terceira Galicia bota a andar con moitos goles

Comeza por fin a Terceira Galicia feminina, a categoría máis baixa do fútbol feminino galego, que nesta primeira xornada xa deixou ver que hai diferenzas importantes entre os conxuntos dos catro grupos. Unha competición que arrinca este curso con 58 equipos repartidos en catro grupos e na que os goles non tardaron en aparecer.

O grupo 1, composto finalmente por 16 equipos, ten como primeiro líder ao Pastoriza B, que superou ao Sporting Cambre por 12-0. Un resultado similar ao do Zenit-Silva (0-11). O Narón B tamén comezou con forza e marcou seis goles ao Xuventude Laracha, que estrea este curso o fútbol 11.

O Sporting Meicende sumou os tres puntos ante o Marino (5-2), mentres que o Atlético San Pedro B venceu ao Discalzas (2-3) e o Culleredo fixo o propio ante o Rápido de Neda (1-4). Os encontros máis igualados foron o Santa Margarita e Celas (1-2) e o empate entre Abellá e Estrella Solaina (1-1).



Resultados máis axustados na Costa-Santiago

O grupo 2, con 14 equipos, conta este ano co regreso do Fisterra, que non competiu a pasada temporada, e coa ausencia do Corcubión. Moitas das xogadoras deste último equipo pasaron a vestir a camiseta das ‘Mariñeiras’.

O redebut do Fisterra non foi o esperado, xa que caeu ante o Cerqueda por 3-1. O primeiro líder do grupo é o Negreira, que venceu ás Miúdas por 6-1. Tamén houbo dous resultados idénticos de 1-4, nos encontros A Baña-Órdenes e Esteirana-Bastavales.

O resto dos partidos resolvéronse pola mínima. O Cabana gañou no minuto 81 ao Sporting Zas por 1-2, mentres que o Escola Juan Cabrejo e o Xallas B venceron ao Puenteceso e ao Dubra, respectivamente, por 1-0.



Media de cinco goles por partido no grupo 3

Tampouco quedou atrás o grupo 3, tamén con 14 equipos, á hora de marcar goles. Esta agrupación está formada maioritariamente por conxuntos da zona de Santiago e Lugo.

O primeiro líder é o Arzúa, que superou ao Monteforte por 7-1. Cinco dos goles foron obra da mesma xogadora, Stoian, que xa colle vantaxe na clasificación de goleadoras.

O Arzúa celebra a súa vitoria. Foto: Arzúa FCF

Na segunda posición aparece o Milladoiro, que tamén venceu por unha diferenza de seis goles ante o Resmón. O Racing San Lorenzo marcou seis ante o Lalín.



O Xuventú Aguiño tamén comezou con vitoria ante o Concello de Boiro B (1-4). Máis axustados foron os triunfos do Dodro ante o Carballedo (0-1), do Antas B ante o Victoria FC C (2-3) e do Comercial ante o Rois (3-2).

O grupo 4, o máis axustado

O último dos grupos está formado maioritariamente por equipos de Pontevedra, con 15 conxuntos, ademais do Lalín. Neste caso, os resultados foron máis igualados e só un encontro superou os cinco goles.



O Salcedo comezou con forza e goleou ao Gondomar por 9-0. O Porriño tamén iniciou a competición cunha vitoria clara ante o Teis B (4-0), mentres que o Mosteiro venceu ao Mondariz (2-1) e o Monteporreiro ao Chispa B (3-0).

Pola súa banda, Tomiño e Racing Vilariño, Atlético Huracán e Cabral e Caldas e Ribera repartiron os puntos nos seus respectivos encontros.

As categorías de base xa teñen calendario

A Federación tamén publicou finalmente os calendarios das categorías de base, que deberían ter comezado a pasada semana. Deste xeito, péchase unha nova semana de atrasos que tamén afectou á Segunda e á Terceira Galicia.

As categorías inferiores xa coñecen así a súa folla de ruta para esta temporada, na que ademais se estrea a categoría xuvenil.

FOTO DE PORTADA: @marina.goalframes

A Terceira Galicia bota a andar con moitos goles

Os Vintage: Atlético San Pedro feminino 2023/2024

A Terceira Galicia bota a andar con moitos goles

A Terceira Galicia bota a andar con