# Tags

Miguel Fernández, UD Ourense: «Apetecíame afrontar un novo reto para poder esixirme máis a min mesmo»

Miguel Fernández, con tres tantos en catro xornadas, está a ser unha peza fundamental dunha UD Ourense que aspira a todo neste curso 24-25. Dende FutbolinGalicia falamos con el para repasar a súa chegada á UD Ourense, a súa etapa no Estradense, o seu gran inicio goleador e o partido de onte en Betanzos.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Como se fraguou a túa fichaxe pola UD Ourense este verán?

Miguel Fernández (en adiante MF): A miña primeira intención era renovar no Estradense xa que estaba adaptado e cómodo alí. As ofertas que recibín de fóra non me chamaban tanto a atención, xa fose polos estudos ou a nivel persoal.



Chamáronme da UD Ourense, e tiña a espiña cravada daquel ano que estivera no club. Apetecíame afrontar un novo reto para poder esixirme máis a min mesmo. Foi moi duro dicir adeus ao Estradense.

Migui volveu á UD Ourense no verán Instagram UD Ourense

FIG: Que recordos gardas da etapa no Estradense?

MF: Sen dúbida algunha lévome aos compañeiros, aos que moitos poido chamar amigos e cos que compartín vestiario e moi bos momentos. Teño que destacar tamén o ambiente que rodea ao club.



Quédame o mal sabor de boca de non poder xogar un play-off de ascenso con eles. Sempre quedabamos ás portas!

FIG: Ata a derrota de onte, levabades dúas vitorias e un empate nas tres primeiras xornadas. A que aspira este curso a UD?

MF: Comezamos moi ben a campaña. Xa viñamos dunha pretempada moi boa. O noso obxectivo ten que ser pelexar cos equipos que estean arriba, para desta forma ter opcións de poder lograr ese ascenso que desexamos.



Sabemos que hai varios equipos cun gran nivel e que tamén teñen esa meta, polo que temos que seguir nesta liña, aproveitar estas xeiras e alongalas o máximo posible.

FIG: No aspecto individual, conseguiches tres goles nos catro primeiros encontros oficiais da tempada. Supomos que a confianza que tes agora mesmo será grande, non si?

MF: A verdade é que o arranque está sendo moi positivo. Teño moita confianza e estou empezando a ver porta. Atópome contento mais cos pés no chan. O máis facil, como quen di, xa foi feito; o difícil é manter este nivel no tempo.

FIG: No día de onte chegou a primeira derrota do curso. A visita a Betanzos saldouse con vitoria local por un gol a cero. Como foi o encontro?

MF: Penalizáronnos os primeiros minutos. Entramos durmidos e con pouca intensidade. A medida que avanzaba o partido fómonos atopando mellor e chegamos a ter varias ocasións moi claras para poder darlle a volta ao resultado.



O balón non quixo entrar e temos que felicitar ao Betanzos polos tres puntos que lograron. Agora toca pensar xa no Barbadás, que é o noso próximo rival.

Miguel Fernández, UD Ourense: «Apetecíame afrontar un novo reto para poder esixirme máis a min mesmo»

O terceiro tempo. Episodio 2

Miguel Fernández, UD Ourense: «Apetecíame afrontar un novo reto para poder esixirme máis a min mesmo»

O Boiro dos tres Marios sumou a

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *