Esta fin de semana comeza unha nova tempada para gran parte dos equipos que conforman a Terceira División Galega. Mentres que no Grupo 1 xa se disputaron os primeiros encontros, o resto de equipos están se estrearse neste novo curso.
O arranque da competición chega tras varias semanas de incerteza e con certa polémica. O atraso na publicación do calendario, a non conformación da liga propia para os equipos da Costa e o xa comentado descenso do SE Abellá SDC. A data oficial de comezo desta categoría estaba situada no 22 de setembro pero finalmente sucederá dúas semanas máis tarde.
Hoxe repasamos como están conformados os grupos desta liga que celebrará o seu segundo ano de vida e onde xa falamos coas ás súas primeiras gañadoras.
Grupo 1: A forza do Norte
Este grupo reúne á maior parte dos equipos da provincia da Coruña e é o único que xa xogou a primeira xornada ligueira. O Eirís SD e o CD As Pontes quedaron o ano pasado ás portas da promoción de ascenso e no seu primeiro partido xa sumaron de tres.
O Abellá tamén se atopa enmarcado nesta zona e non comezou con bo pé a súa tempada ao perder por un gol ante o filial da SD O Val.
GALICIA CARANZA | AD CULLEREDO |
ATLÉTICO SAN PEDRO ‘B’ | CD CARIÑO |
CCRD PERLIO | DISCALZAS SD |
CCD CURTIS | SPORTING CAMBRE ‘B’ |
CD AS PONTES | XUVENTUDE DE CRENDES CF |
CD ESTRELLA A SOLAINA | UNIÓN CAMPESTRE |
SD O VAL ‘B’ | EIRÍS SD |
VICTORIA CF ‘C’ | SE ABELLÁ SDC |
Grupo 2: A seguir agardando polo soño da liga propia
Tocará agardar outro ano máis para poder ver se os equipos costeiros contarán cunha liga propia como ocorre nas seccións masculinas. Este ano a Esteirana SD, as Miúdas e o Outes FC, que no resto de categorías compite tamén na liga da Costa, foron incorporados no cuarto grupo..
O Puenteceso SD terá este ano unha nova oportunidade para loitar polo ascenso, xa que o ano pasado perderon na final ante o UDJ Almeiras. O Corme CF tamén pelexará polos postos altos ao quedar o ano pasado sen a oportunidade do playoff polo goal average.
BERGANTIÑOS C.F. «B» | S.D. A BAÑA |
S.D. FISTERRA | MAZARICOS C.F. |
PUENTECESO S.D. | SPORTING ZAS |
S.C.D. PASTORIZA «B» | CORME C.F. |
MUXIA C.F. | SONEIRA S.D. |
E.F.C.C. JUAN CABREJO | U.D. CORCUBIÓN |
CABANA S.D. | U.D. CERQUEDA |
Grupo 3: O conxunto máis heteroxéneo da liga
Na terceira agrupación atopámonos con equipos de Lugo e da Coruña, especialmente das zonas de Trazo e Negreira e o pontevedrés SD Cruces da comarca do Deza.
O Carballedo CF foi un dos equipos que xogou a promoción de ascenso a pasada campaña. Non obtiveron premio ao caer derrotadas ante o Lóstrego CF ‘C’ pero este ano terán unha nova ocasión para intentalo.
SDC ORDENES | ARZÚA FUTBOL CLUB FEMENINO |
A.D. NICRARIENSE | RESMON C.F. |
S.D. SAN LÁZARO | S.C.D. MILAGROSA |
S.D. DUBRA | S.D. NEGREIRA |
S. D. CRUCES | S.G. COMERCIAL |
A.D.C. MONTE FORTE | TRAZO C.F. |
U.D. SANTISO F.C. | CARBALLEDO C.F. |
Grupo 4: Situados no sur de Santiago
Neste grupo de equipos que se sitúan por debaixo da capital galega atopámonos clubs da comarca do Salnés, da Barbanza, de Santiago, do Sar ou de Noia.
Contan con equipos como a a SD Chispa que na tempada 2021-2022 competía na Primeira Galega e tras a fase condicionada non conseguiu remontar categorías. Ou con novas aparicións nas categorías femininas senior como o caso do Juventud Cambados que fará a súa estrea ante as Miúdas.
BASTAVALES U.D. | C.D. MOSTEIRO |
MILLADOIRO S.D. | CATOIRA S.D. |
C.C.D. TARAGOÑA | CÉLTIGA F.C. FEMINAS |
ESTEIRANA S.D. | EFF SONNOIA PORTUS APOSTOLI |
E.D. OS MIÚDOS | JUVENTUD CAMBADOS |
C.D. ROIS | OUTES F.C. |
S.D. CHISPA | E.F.M CONCELLO DE BOIRO «B» |
Grupo 5: No Sur de Galicia
Neste grupo integramente pontevedrés hai un infiltrado, o Cented Academy, procedentes da cidade de Ourense e se estrearán tamén este ano. Un novo club feminino para a provincia ourensá que terá os desprazamentos máis longos ante os equipos da cidade do Lérez ou no enfrontamento ante a CUD Unión Guardesa.
O CF Cañiza foi outro dos conxuntos que caeron na fase de ascenso pero que poderá volver a demostrar que poden atoparse na parte alta da táboa.
S.C.D. PONTE CALDELAS | CLUB FÚTBOL CAÑIZA |
C.U.D. UNIÓN GUARDESA | S.C.D. SALCEDO |
BALAIDOS C.F. | GONDOMAR F.B. |
RACING VILARIÑO | MONDARIZ C.F. |
TOMIÑO F.C. FEMENINO «B» | CLUB PEÑASCO |
CENTED ACADEMY | SALVATIERRA S.D. |
ESCUELAS DE FUTBOL MOS | SALGUEIRIÑOS C.F. |