# Hashtag

O grupo 1 da Terceira Galicia supera os 100 goles en só dúas xornadas

A Terceira Galicia feminina comezou a temporada cun ritmo goleador moi elevado, sobre todo o grupo 1 . Nas dúas primeiras xornadas anotáronse 101 goles en 16 partidos, cunha media de 6,31 tantos por encontro. As goleadas marcaron este inicio de competición, no que Irene Díaz, das Discalzas, destaca con seis tantos nas dúas primeiras […]

A Terceira Galicia bota a andar con moitos goles

Comeza por fin a Terceira Galicia feminina, a categoría máis baixa do fútbol feminino galego, que nesta primeira xornada xa deixou ver que hai diferenzas importantes entre os conxuntos dos catro grupos. Unha competición que arrinca este curso con 58 equipos repartidos en catro grupos e na que os goles non tardaron en aparecer. O […]

A Terceira Galicia xa coñece os seus grupos tras semanas de espera

A Real Federación Galega de Fútbol publicou finalmente os grupos da Terceira Galicia, unha categoría que tivo que atrasar o seu inicio respecto das datas previstas inicialmente. A competición arrancará o 4 de outubro, despois dunhas semanas nas que os clubs descoñecían aínda contra quen competirían esta temporada. Finalmente a categoría queda configurada en catro […]

As competicións arrancan entre a incerteza e os primeiros goles

Fai unha semana comentabamos que a Segunda Galicia tivera que atrasar unha semana o seu inicio debido á demora da Federación na publicación dos grupos e calendarios. Agora a competición está a piques de comezar, pero a situación non remata aí. Segundo as datas previstas inicialmente, quedan dez días para o inicio da Terceira Galicia […]

Os equipos galegos comezan con bo pé na Segunda Federación

As Celtas, o Dépor B e o Victoria CF comezaron o pasado fin de semana a competición e os tres sumaron as súas primeiras vitorias nesta campaña da Segunda Federación. As branquiazuis lideran a clasificación tras vencer por 0-5 ao Fundación Rayo Vallecano. O Deportivo abriu a lata desde o punto de penalti, encargado de […]

A Copa Vigo toma a dianteira

Quedan dúas semanas para que comecen as competicións ligueiras. Con todo, hai equipos que aínda teñen algunha débeda pendente, como no caso da Copa Deputación da Coruña, que se disputará o fin de semana do 6 de setembro, ou outros que xa van adiantando traballo. É o caso da Copa Vigo, que botou a andar […]

O fútbol feminino galego xa ten folla de ruta na Segunda Federación

Os tres equipos galegos que competirán na terceira categoría do fútbol feminino xa coñecen o seu itinerario para esta temporada. As Celtas e o Deportivo B afrontarán o seu segundo curso no Grupo 1 da Segunda Federación, ao que se incorpora tamén o Victoria CF despois de conseguir o ascenso o pasado ano. A competición […]

Miriam Martínez, Ponte Caldelas: «Logramos ascender dous anos seguidos mantendo a base e a esencia do equipo»

O Ponte Caldelas foi un dos equipos que o pasado mes de xuño loitou polo ascenso a Primeira Galicia a través da promoción. Tras caer fronte ao Touro na eliminatoria decisiva, o soño do segundo ascenso consecutivo parecía esvaecerse. Porén, semanas despois, e grazas á reestruturación das categorías do fútbol feminino, o conxunto pontevedrés acabou […]