# Hashtag

Os Diferenciais cargaron de goles a xornada festiva (P. II)

A xornada 6 estivo marcada polo luns festivo, no que aínda quedou algún partido por disputar. Unha fin de semana de goles, remontadas e emoción ata o último suspiro, con varios protagonistas que marcaron a diferenza nos seus equipos. Repasamos decontado as actuacións máis Diferenciais da Primeira Futgal. Regresar á boa senda Sempre presta un […]

Os Diferenciais marcan o ritmo (P. II)

Renderse non é unha opción e moito menos cando hai tanto en xogo. Os inicios de temporada poden ser traizoeiros, pois asinar un bo comezo non che asegura nada de cara a finalizar nos primeiros postos da táboa clasificatoria. E ao mesmo tempo, relaxarte pode significar botar por terra as túas aspiracións nas cinco primeiras […]

De entrante, unha de Diferenciais! (P. II)

A cociña da Primeira Futgal bota fume e non é para menos. Aquí só se serven pratos coa intención de deleitar o padar dos seareiros máis incondicionais do fútbol galego. Eses que botan a mañá ou a tarde do domingo agardando por un bo menú, mentres toman o vermú no caso da sesión matinal, ou […]

Volven os Diferenciais da Primeira Futgal! (P. II)

Botástelos de menos? Pois estades de sorte, porque xa non tedes que agardar máis! Afeccionados ao fútbol rexional galego, volveu a Primeira Futgal e con ela volveron os goles e a emoción! Transcorrido o primeiro asalto, é hora de debullar o que deixou a xornada, con especial atención ás exhibicións dos Diferenciais. Xa sabedes, eses futbolistas capaces de […]

Que agardar do grupo 6 da Primeira Futgal?

Xa queda pouco para que o balón comece a rodar e desde FutbolinGalicia non podemos agardar con maior expectación o inicio desta nova temporada! Seis grupos, dezaoito conxuntos en cada un deles e trinta e catro xornadas de pura emoción deleitarán aos seareiros máis incondicionais do noso fútbol. O espectáculo está a piques de comezar, pero, primeiramente, cómpre debullar a […]

Os Diferenciais desta xornada copeira

Aínda queda unha semana para que volva a Primeira Futgal, si, pero moitos dos equipos das categorías rexionais galegas xa regresaron ao traballo. O motivo? Unha xornada de Copa chea de emoción, goles e moitas sorpresas e que contou coa maxia dos Diferenciais como o mellor aderezo posible. Non hai mellor agasallo de Reis anticipado […]

  • 1
  • 2