# Hashtag

Nin o frío fai tremer aos Diferenciais (P. II)

Pasan os meses e cada vez fai máis frío nos campos de fútbol galegos. É normal. Atrás queda o verán, os partidos de pretemporada a máis de trinta graos e os primeiros tests serios do ano. A baixada das temperaturas nesta fin de semana foi unha evidencia, mais isto non repercutiu no xogo dos futbolistas. […]

Nucho Cameselle, CD Choco: «Estamos a poñer todo da nosa parte para devolver ao club a Preferente»

O CD Choco asinou un inicio de liga impecable no grupo 6 da Primeira Futgal. O conxunto redondelán é o único da categoría que conseguiu gañar os seis primeiros partidos e xa mira cara ao obxectivo de regresar á Preferente. Un comezo que invita ao optimismo, pero que no vestiario afrontan con cautela, conscientes de […]

De entrante, unha de Diferenciais! (P. II)

A cociña da Primeira Futgal bota fume e non é para menos. Aquí só se serven pratos coa intención de deleitar o padar dos seareiros máis incondicionais do fútbol galego. Eses que botan a mañá ou a tarde do domingo agardando por un bo menú, mentres toman o vermú no caso da sesión matinal, ou […]

Que agardar do grupo 6 da Primeira Futgal?

Xa queda pouco para que o balón comece a rodar e desde FutbolinGalicia non podemos agardar con maior expectación o inicio desta nova temporada! Seis grupos, dezaoito conxuntos en cada un deles e trinta e catro xornadas de pura emoción deleitarán aos seareiros máis incondicionais do noso fútbol. O espectáculo está a piques de comezar, pero, primeiramente, cómpre debullar a […]

Dani Suárez, Juvenil de Ponteareas: «Sabemos que dependemos de nós»

Logo dunha xeira de oito derrotas consecutivas, todo parecía indicar que o Juvenil de Ponteareas ía ser un dos catro descendidos da Preferente Sur. Porén, o cadro de Pardellas viviu a súa propia semana de resurrección e reencontrouse co triunfo este domingo fronte ao Cented Academy (2-1), ademais de eliminar nos penaltis ao Choco en […]

Tren con destino Copa Deputación de Pontevedra. Seguinte parada: Cuartos de final

As Copas Deputación seguen avanzando roldas e esta semana arrincaron os oitavos de final da edición de Pontevedra, que estaban fixados para a fin de semana de Entroido. Coa excepción de dúas eliminatorias, o Pontearnelas-Ribadumia e o Beluso-Lalín que se xogarán en abril, os outros seis encontros disputáronse entre o martes e o xoves, dando […]

Os “One to Watch” da Preferente Sur en 2025

Coa última xornada da primeira volta aínda por disputarse, ademais dos partidos aprazados polo temporal que se recuperarán esta fin de semana, a segunda volta da Preferente Sur está á volta da esquina e promete ter grandes emocións. As loitas polo ascenso directo, os postos de fase de ascenso e a permanencia na categoría obrigarán […]

Adri Rodríguez, Céltiga FC: «Pelexar o ascenso é o obxectivo, pero non sería un fracaso non conseguilo»

A primeira volta da Preferente chegará ao seu fin o 11 de xaneiro coa xornada 17, pero os equipos marcharon ao parón de Nadal tras a celebración da xornada 16. Neste Nadal, e ata que o Beluso xogue o seu partido aprazado na primeria fin de semana de xanerio, o Céltiga será o líder da […]

  • 1
  • 2