# Hashtag

Os xefes da Terceira

Benvidos por segunda semana á nova sección dos luns, na que os protagonistas serán os xogadores e equipos da nosa Terceira que destaquen en aspectos importantes do xogo durante a fin de semana. Eles son os xefes da Terceira!

A décimo sexta xornada na Terceira RFEF deixou gran cantidade de situacións a sobresaír. A UD Ourense continúa como líder tras obter un empate no seu feudo ante o seu máis inmediato perseguidor na clasificación, a Sarriana de Guillermo Oriol, que se estreaba no banco dos da Ribela tras a marcha de Jaime Paz a China.

O único equipo dos cinco primeiros en gañar esta fin de semana foi o RC Villalbés, que venceu na casa da UD Barbadás por 0 a 2. O Noia non aproveitou os empates de Arosa e Estradense e caeu ante o Polvorín por 1 a 0. O tanto do filial do CD Lugo foi anotado por Manu Buide pasada a media hora de xogo. A segunda vitoria consecutiva do Arteixo saca aos de Ponte dos Brozos do descenso a Preferente Futgal.



Os equipos xefes da Terceira RFEF galega na xornada 16

  • Máis goleador: RC Villalbés, Viveiro, Atlético Arteixo, Arosa e Silva (2).
  • Portaría a cero: RC Villalbés, Polvorín, Viveiro, UD Ourense, Sarriana, Boiro e Somozas.
  • Mellor resultado: RC Villalbés (0-2) e Viveiro (0-2).

Os xogadores e adestradores xefes da Terceira RFEF galega na xornada 16

  • Goleadores: Jesús Cañizares e Rodolfo Periale (RC Villalbés), Manu Buide (Polvorín), Diego Santín e Francisco Rolle (Viveiro), José Ramón Sanmarful e David Rojo (Atlético Arteixo), Roi Tato (Alondras), José Rivera e Jorge Romay (Arosa), Antonio López e Rodrigo Parafita (Silva), Raúl Gómez (Estradense), Héber Fernández (Valladares), Iago Portas (Vilalonga) e Eduardo González (Gran Peña).
  • Expulsados: Pablo Rodríguez, delegado (Betanzos), Jonathan Iglesias, segundo adestrador (Polvorín).
  • Adestrador destacado: Juan Emilio Riveiro. Saca ao Atlético Arteixo do descenso tras obter a segunda vitoria consecutiva.

Os xefes da Terceira

O terceiro tempo. Episodio 14

Os xefes da Terceira

Estes foron os Diferenciais na última entrega

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *