# Hashtag

Negreira e Beluso, dúas relevacións na Preferente Futgal

Para moitos dos ascendidos a última tempada, a Preferente está sendo dura. Algúns, de feito, ocupan postos de descenso e as diferenzas comezan a ampliarse. Con todo, hai dúas grandes excepcións. No grupo norte, o Negreira; no sur, o Beluso.

Son dous casos de equipos que ascenderon dende Primeira Galicia e que están loitando polo liderado das súas respectivas ligas.

O Negreira, a catro do líder

Tras comezar a tempada na zona media, o Negreira foi ascendendo postos aos poucos. Alcanzou o play-off a mediados de decembro e, lonxe de ser algo anécdotico, semella estarse consolidando nesa zona privilexiada da táboa. Suman sete vitorias consecutivas e na última xornada aproveitaron o picazo do Sigüeiro para facerse coa segunda posición.



A SD Negreira vive un momento doce baixo a dirección de Adrián Vázquez Forján, que fora xogador do equipo. Hai unhas semanas foi recoñecido na vila durante a Gala do Deporte pola súa traxectoria deportiva, un galardón que lle fixo especial ilusión.

Vázquez Forján chamou a aproveitar a boa dinámica na que está inmerso o equipo, que está a catro puntos do ata non hai moito inalcanzable Atlético Coruña Montañeros. A Preferente Norte semella que tamén deparará emocións na loita por arriba. Negreira e Monta mediranse na última xornada de liga, prevista para o 11 de maio. Antes, o 20 de abril, xogarán co Sigüeiro.

O Beluso é colider

Aínda en mellor posición está en Beluso. Xa advertira Álex Jardí nunha entrevista en FutbolinGalicia que “non vían teito”. Diso pasaron catro meses e o Beluso segue mantendo o tipo. Son colíderes do grupo sur da Preferente, xunto co CD Barco e o Atios, os tres con 43 puntos. Un punto menos ten o Céltiga, que será, precisamente, o rival do equipo de Bueu esta xornada.



A igualdade está a marcar esta categoría e a clasificación está apertada. Pola parte alta, a emoción semella que acompañará ata o final e a Cultural Deportiva Beluso quere chegar ao final con opcións de todo.

Dende o Beluso consideran varios aspectos como claves para explicar que este acabado de ascender sexa un dos equipos revelación. Entre eses elementos, un bo adestrador cunha idea clara, a unión do vestiario -que vai sempre a un unha- e a ilusión por acadar metas ilusionantes esta tempada.



Negreira e Beluso, dúas relevacións na Preferente Futgal

A Unión Guardesa celebra 25 anos do

Negreira e Beluso, dúas relevacións na Preferente Futgal

Relámpago SD, do descenso a candidato ao

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *