# Hashtag
Diferenciais da Primeira Futgal

Os Diferenciais da Primeira Futgal nunha xornada ás portas do Entroido

Momento de buscar Diferenciais de FutbolinGalicia dunha xornada de Primeira Futgal xa ás portas do Entroido en todo o país. No grupo 6 non falla o líder Tyde, que foi quen de superar a outro dos equipos fortes. Segio Aballe, un clásico desta sección, transformou un penalti no minuto 36 que supuxo o único gol do partido. No derbi disputado no campo do Alivio goleou o Tomiño: 4-1 sobre o Goián con dobrete de Damián. Unha das sorpresas protagonizounas o Santa Mariña, que superou a todo un Guardés de play-off. Daniel Castro anotou o único gol.

No grupo 5, o San Martín fixo que o Unión volvese ver as pantasmas de hai unhas semanas. Os de Vilaxoán venceron 3-1, sendo Nicolás o autor do primeiro. O Flavia impediu ao Arcade sumar puntuación de fase de ascenso so superalos no Souto 2-0 con dobrete de Samuel Dopazo. E moitos goles no campo do Cabalo, onde o Vilaboa rematou por gañar 4-3 ao Caldas. Adrián Cidrás marcou tres tantos.

Duelos destacados no resto de grupos

O Carral impúxose con contundencia a domicilio ante o Dumbría 0-3 para arrebatarlle a segunda posición do grupo 2. Jacobo abría o marcador pouco despois do comezo da segunda metade. Preto do play-off mantense tamén o Boimorto, que superou 0-3 ao Praíña con dus tantos de Uxío. Mesmo resultado conseguiu o Tordoia, que segue escalando postos na zona media tras vencer ao Castriz con dobrete de Alberto Fraga.



O grupo 1 vai a sorpresa por xornada. O Cambre, en postos de promoción, caeu na Gándara ante un Eume que busca recuperar boas sensacións. Jacobo fixo o único gol do partido. Vitoria a domicilio do Olímpico, que remontou o gol inicial do Meicende e acabou levando o partido 1-3, sendo dous goles obra de David Barreiro. O Orillamar mantense segundo e preto do líder Victoria ao superar a un As Pontes que viña coa frecha cara arriba no comezo do ano. Iago fixo o primeiro dos coruñeses.

Comezou o Entroido en Ourense

En terras luguesas, o Monterroso protagonizou unha das sorpresas ao derrotar na casa ao Castro. Foi con remontada incluída, nun 2-1 que se encargada de igualar Gabriel Cantillo. O Taboada afonda na crise do Racing Villalbés ‘B’, ao que superou 3-1 e foi outro Gabriel, neste caso García, quen abría o marcador. A pelexa na zona media deixou a vitoria do Guntín, que conservou os puntos en Ladairo no tempo extra, grazas a un gol de Borja ante o Lourenzá.

No grupo 4, o Loñoá confirma o seu bo estado de forma e desta volta venceu a todo un Celanova, segundo clasificado. Martín deu o triunfo ao Loñoá nos minutos finais. O Córgomo, que se estrea esta tempada en Primeira, alcanza os postos de play-off por vez primeira, ao tombar a un Seixalbo que se adiantara. Dani Real fixo un dobrete. O Córgomo colle a terceira praza que cede o Velle, que caeu derrotado polo Antela en pleno Domingo Oleiro. Brais Outeiriño fixo o primeiro.



Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.



Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.

Os Diferenciais da Primeira Futgal nunha xornada ás portas do Entroido

O terceiro tempo. Episodio 20

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *