# Hashtag
Motores en marcga para os equipos galegos da 3ª RFEF

Motores en marcha para os equipos galegos da 3ª RFEF

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) vén de publicar o calendario oficial para a tempada 2024/2025 da 3ª RFEF Feminina. Os nove equipos galegos que xogarán na competición xa coñecen a súa folla de ruta para unha tempada onde a permanencia está máis alcanzable que outros anos.

Entre os equipos galegos que participarán nesta categoría figuran: RC Celta de Vigo «As Celtas», RC Deportivo da Coruña «B», Victoria CF, Victoria FC, Bergantiños CF, Sárdoma CF, Lóstrego CF, CD Lugo, PM Friol.

Analizamos a axenda para os nosos equipos e facemos un pequeno resumo dos partidos que non te podes perder. Sacade papel e boli para anotar todo o que vos contamos a continuación.



Unha tempada chea de derbis

O campionato dará comezo a fin de semana do 8 de setembro e onde xa poderemos desfrutar dun primeiro enfrontamento entre equipos galegos. As Celtas debutarán en casa ante o Victoria de Coruña nun partido que servirá como aperitivo do que será unha tempada repleta de rivalidades rexionais.

Tras unha travesía de 30 xornadas, a tempada porá fin o 4 de maio. Nese último día do calendario de competición atopámonos co derbi lucense na Cheda entre o Lugo e o Friol. Pero non só de derbis vai a cousa, xa que a liga complétase con 7 equipos máis de Castela-León e Asturias: Real Sporting de Gijón «B», Real Oviedo «B», CD Romanón, CD Bovedana, Olímpico de León, CD Parquesol, CD Villa de Simancas.

Outro choque de gran interese será o disputado entre o Lóstrego e o Sárdoma. O encontro entre as gondomareñas e as viguesas será en Chaín na xornada 13 (1 de decembro) e nas Relfas na 28 (20 de abril).



O calendario dos grandes enfrontamentos

Un dos puntos álxidos da tempada será, sen dúbida, o enfrontamento entre o filial deportivista e o conxunto vigués. Os encontros están previstos para a xornada 8 (27 de outubro) e a 23 (9 de marzo). Este primeiro «clásico galego» na historia do fútbol feminino é un dos encontros máis esperado, non tanto pola rivalidade, senón porque son os dous equipos favoritos para gañar a liga.

Outro «clásico» serán os partidos entre o Victoria CF e o Victoria FC. O primeiro disputarase na xornada 10 (10 de novembro) en Santiago de Compostela, mentres que o da segunda volta na Coruña será na xornada 25 (23 de marzo).

Moi pendentes estaremos tamén do arranque ligueiro do recén chegado Bergantiños. As de Carballo estréanse fóra da casa e intentarán acadar os seus primeiros tres puntos en nacional ante o Olímpico de León.



Un ano de transición ante os cambios

Como adiantabamos nun artigo anterior, para a tempada 2025-2026 prevense cambios que afectarán de forma directa ao funcionamento desta competición xa este ano. Esta tempada de trámite fai que a loita pola permanencia perda certo interese, pero os equipos atoparán unha maior oportunidade para subir de categoría.

Os dous primeiros clasificados ascenderán de forma directa a Segunda RFEF, así como, o terceiro e o cuarto entrarán na disputa do playoff . No caso dos descensos, no grupo 1, o grupo dos equipos galegos, tan só caerá un equipo.

Así e todo, o calendario desta 3ª RFEF vén cargado de partidos atractivos e unha ampla representación galega neste posible último ano como categoría nacional.

Motores en marcha para os equipos galegos da 3ª RFEF

A Milagrosa ten 48 horas para decidir

Motores en marcha para os equipos galegos da 3ª RFEF

O Xuventude Sanxenxo, interesado na vacante da

2 Comentarios

  1. […] Motores en marcha para os equipos galegos da […]

  2. […] Motores en marcha para os equipos galegos da […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *