# Hashtag

Os Vintage: Campo Lameiro CD 2016/2017

En FutbolinGalicia non nos esquecemos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais persoas relacionadas co noso fútbol, que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é o Campo Lameiro CD da tempada 2016/2017, que logrou o ascenso a Preferente.

Os nomes do ascenso

Os seguintes xogadores tiveron minutos durante a fase regular do grupo 5 da Primeira Autonómica 2016/2017: os gardametas Iván Paz e José Ángel Vivar; os defensas Luis Arias, Diego González, José Alfonso Miranda, Iván Goldar, Juan Carlos Rodríguez, Enrique García, Sergio López e Antonio Carlos Pierna; os centrocampistas Ángel Corbacho, Alberto Fontela, Bruno Pazos, Fernando Martiño, Jorge Álvarez, Juan José García, Martín Cancela, Miguel Mateo Pérez, Antón Viaño, Ricardo Cores e Santiago Fontán; e os dianteiros Francisco Galdames e Juan José Novas. O corpo técnico estaba composto por José Manuel Senra, Jacobo Abal, Iván Bernárdez e Hugo Picallo.

O ascenso do Campo Lameiro chegou na xornada 33

A falta dunha xornada para a finalización da competición, e en concreto o 7 de maio do 2017, o Campo Lameiro CD lograba o salto da categoría. Os da Chanciña venceron nesa tarde á SD Juvenil de Ponteareas por 0-3. Francisco Galdames e Fernando Martiño, este último por partida dobre, anotaron os goles que certificaban o ascenso.



Os resultados durante as trinta e catro xornadas de competición resúmense da seguinte forma: dezanove triunfos, oito empates e sete derrotas. Os sesenta e cinco puntos logrados fixeron ao Campo Lameiro merecedor da segunda posición na clasificación, conseguindo o dereito de disputar a Preferente na seguinte tempada. Cabe destacar a facilidade anotadora dos xogadores «verdes» no citado curso futbolístico. Foron o equipo máis goleador do seu grupo tras anotar sesenta e oito goles. Francisco Galdames destacou na parcela ofensiva, perforando a portaría rival en trece ocasións nos vinte e tres encontros nos que foi partícipe.

Actualidade do Campo Lameiro

Esta vindeira fin de semana os da Chanciña comezan oficialmente a tempada 2026/2027. Debutan na casa ante o CD Soutomaior o domingo as 18:00 horas. Repetirase o éxito dez anos despois? Nuns nove meses, a resposta!



Os Vintage: Campo Lameiro CD 2016/2017

Que agardar do grupo 6 da Primeira

Os Vintage: Campo Lameiro CD 2016/2017

Os Vintage: Campo Lameiro CD 2016/2017