# Hashtag

Que agardar do grupo 4 da Primeira Futgal?

Xa queda pouco para que o balón comece a rodar e desde FutbolinGalicia non podemos agardar con maior expectación o inicio desta nova temporada! Seis gruposdezaoito conxuntos en cada un deles e trinta e catro xornadas de pura emoción deleitarán aos seareiros máis incondicionais do noso fútbol. O espectáculo está a piques de comezar, pero, primeiramente, cómpre debullar a realidade de cada división e así coñecer de primeira man que podemos agardar de cada grupo da Primeira Futgal.

Ourense e algo máis

Ao igual que o ano pasado, o grupo 4 da Primeira Futgal atópase conformado por unha gran maioría de conxuntos ourensáns e outros equipos próximos á provincia. É o caso do Lemos B. Os da Pinguela non puideron celebrar o ascenso do primeiro equipo, pero si festexaron a fazaña do seu filial por todo o alto. A pesar de quedar relegados ao play-off logo dunha última xornada de infarto, os pupilos de Yesi deixaron na cuneta a O Pino e derrotaron ao Xuventude Dorneda na eliminatoria por subir de categoría. Nesta ocasión e, debido á nova redistribucion xeográfica, deberán facer as maletas e mudarse ao grupo 4, como fixera un ano antes o Brollón. Trátase dun ‘Erasmus’ futbolístico para os Vila, Cere, David Pallín e compañía, que liderarán un ano máis o plantel monfortino na busca da permanencia.

En Mularedos viven unha situación moi semellante, pois o Lamela tamén se viu obrigado a cambiar as terras santiaguesas polas dos arredores da cidade das Burgas. Tras ascender o ano pasado, o conxunto dezán quedou encadrado no grupo ourensán debido á súa proximidade con esta provincia. Hai tres anos atopábanse en Terceira Futgal e desde entón non fixeron outra cousa que mellorar e mellorar ata subir á Primeira Futgal. Boa parte de culpa teñen Adrián Fuentes, director deste proxecto desde o banco, e Adán, máximo goleador do Lamela con 13 dianas.



Co descenso do Sporting Celanova e os ascensos de Atlético Vilariño e Raio 21, o grupo 4 da Primeira Futgal queda congifurado do seguinte xeito: A Peroxa, Polígono San Cibrao, Atlético Vilariño, Córgomo, La Purísima, Maceda, Muíños, Velle, Lemos B, Francelos, Lamela, Loñoá, Maside, Monterrei, Raio 21, Nogueira de Ramuín, Sporting Carballiño e Sporting Celanova.

Volver intentalo

Todas estas escuadras loitarán por un mesmo soño: subir de categoría. Na listaxe dos teóricos ‘favoritos’ para lograr este obxectivo poden atoparse equipos que baixaron de Preferente Futgal ou ben quedaron ás portas de saborear as meles desta categoría, así como outras sorpresas.

Por exemplo, o Sporting Celanova quere regresar a onde estaba o ano pasado e quero facelo pola vía rápida. Ángel Mociño volverá confiar nos piares destes últimos anos: xogadores mozos e futblistas formados na canteira de San Rosendo. Na parcela defensiva, Mociño volverá a liderar a zaga e desta vez acompañarano Bustelo, quen chega ás filas branquiazuis desde o Auriense, e Rodri Velasco, que fai o propio desde o Velle. Xaco e Rivera serán un ano máis os temóns deste proxecto, cuxa punta de lanza queda ocupada por Javi Gallego, Rizos e Alberto Blanco.



Esteban (Sporting Celanova) trata de zafarse da marca de Hugo Fernández (Velle). FOTO: SP. CELANOVA

Outro Sporting está chamado a ser o seu gran rival: o Sporting Carballiño. O combinado dirixido poir Aitor Neira sorprendeu a todos no pasado curso, finalizando a competición nunha meritoria terceira praza que lle deu acceso a xogar os play-off de ascenso. Con todo, saíron derrotados na primeira eliminatoria ao caer ante un estelar Marín. Agora queren resarcirse e para iso apostan pola xente que tan bo rendemento lle deu na tempada 25-26. Artai será o encargado de manter a portería a cero, mentres Abel, Jacobo, Dani Arbo ou Pol, entre outros, lle axudan nesa misión. Con Damián Bardelás e Rivera no mediocampo e os goles de Isra e Quique, o Sporting Carballiño volverá estar, de seguro, entre os primeiros clasificados.

Velle e Nogueira tamén loitarán por estar na cabeza da clasificación, así como o que pode ser a grande revelación deste grupo 4

Un raio moi eléctrico

Cando o Santa Teresita descendeu a Segunda Futgal, deixou atrás as súas cores, o seu escudo e mesmo o seu nome. Pero non a súa identidade como o equipo referente do barrio do 21, en pleno corazón de Ourense. O feito de recuperar esa conexión coa zona transformouno no Raio 21 que agora, dous anos máis tarde, volve ocupar o lugar deixado polo Santa Teresita.



Pero iso non é todo, porque Iván González arrivou en Eiroás disposto a gañar. O adestrador asturiano xa sabe o que é ascender a Preferente Futgal, pois acadou esta meta ata en catro ocasións co Verín, o Bande, o Atlético Arnoia e o Atlético Escairón. Despois de quedar ás portas dun quinto e histórico ascenso co Córgomo, aterra no banco azul e amarelo coa intención de acadar por fin esa fazaña. Xunto a el chega boa parte da súa ‘garda pretoriana’, como poden ser Lucas, Poli Romero, Rucho, Brian ou Peru, entre outros. Moito ollo con este Raio 21, que promete ser verdadeiramente ‘eléctrico’!

Co 6 de setembro marcado en vermello, só resta agardar polo asubío inicial e desfrutar dunha xornada inaugural para o recordo! Velaí vai unha relación dos partidos que terán lugar nesta primeira data de competición: Polígono San Cibrao – La Purísima; Sporting Celanova – A Peroxa; Sporting Carballiño – Velle; Nogueira de Ramuín – Atlético Vilariño; Lamela – Rayo 21; Lemos B – Córgomo; Monterrei – Loñoá; Maceda – Muíños e Francelos-Maside.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.



Que agardar do grupo 4 da Primeira Futgal?

Que agardar do grupo 3 da Primeira

Que agardar do grupo 4 da Primeira Futgal?

Que agardar do grupo 4 da Primeira