Os máis de cen clubs da Primeira Futgal votaron e escolleron a confección dos seis grupos, cada un con 18 participantes, que terá a categoría a vindeira campaña, logo da desaparición do criterio xeográfico. A Federación puxera sobre a mesa estas tres propostas e durante case unha semana as directivas, corpos técnicos e xogadores avaliaron os pros e contras de cada unha delas.
Na decisión, tal e como contaron dende diferentes clubs a FutbolinGalicia, pesaron criterios económicos e deportivos, co ollo posto na distancia dos desprazamentos. Finalmente, rematado o prazo para votar, impúxose a opción 1, a máis clásica. Respecta as provincias de Lugo e Ourense (agás Ribadavia e Arrabaldo, que van para Pontevedra) e divide case pola metade as da Coruña e Pontevedra.
Apostaron por esta opción número 1 ata 60 dos 104 clubs que votaron (catro dos convocados non o fixeron, pois a categoría conta con 108 equipos); isto tradúcese nun 57,7% de apoio. Pola súa banda, a proposta dous recibiu 28 votos (26,9%), mentres que 16 clubs da categoría escolleron o terceiro dos modelos propostos (15,4%).
Así, os seis grupos da Primeira Futgal para a vindeira campaña quedan do seguinte xeito:

Grupo do norte da provincia da Coruña
Cedeira, Valdoviño, Galicia de Caranza, As Pontes, Cultural Maniños, Numancia de Ares, Perlío, Eume Deportivo, Sporting Meicende, Sporting Cambre, Olímpico, Relámpago, Oza Juvenil, Victoria, Orillamar, Ural, Torre e Marte
Grupo do sur da provincia da Coruña
Club do Mar, San Lorenzo, Carral, Vizoño, Tordoia, Castriz, Boimorto, Muxía, Dumbría, Vista Alegre, Fisterra, Bertamiráns, Bastavales, Calo, Vea, Praíña, Agolada e Esteirana

Grupo da zona de Pontevedra
Flavia, Cordeiro, Unión, Taragoña, Valiño, Puebla, Dena, San Martín, Ribadumia, Caldas, Campo Lameiro, Cuntis, Marcón, Soutomaior, Arcade, San Adrián, Marín e Vilaboa
Grupo da zona de Vigo
Domiao, Ribadavia Atlético, Arrabaldo, Santa Mariña, Alertanavia, Racing Castrelos, Mos, Vila do Corpus, Val Miñor, Erizana, Gondomar, Chaín, Tyde, Progresista, Tomiño, Caldelas, Goián e Guardés
Grupo da Primeira Futgal de Lugo
SD Chantada, Chantada Atlético, Taboada, Oural, Monterroso, Guntín, Residencia, San Lázaro, Outeiro de Rei, Castro, Meira, Pastoricense, Racing Villalbés B, Santaballés, Lourenzá, Foz, Xove Lago e Burela

Grupo da Primeira Futgal de Ourense
Córgomo, Viana, Monterrei, Antela, Muíños, Sporting Celanova, Allariz, Cartelle, Seixalbo, Maceda, Polígono San Ciprián, Loñoá, Melias, Velle, A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Maside e Sporting Carballiño
Carlos Sanjurjo
24th Jul 2024Dentro do que pintava o prencipio , menos mal , deportibamente o noso grupo bay ser moy disputado , si nos basamos nas distancias e nos dias de club para o tema economico , podemos estar contentos , O NOSO CORDEIRO NONLLE TERA MEDO A NINGUL RIVAL , E SEMPRE ALA CORDEIRO, RIVALIDAD , DESPLAZAMIENTOS ACEPTABLES , ENORABOA A NOSA DIRECTIVA , QUE VERA A CUESTION MOITO MIYOR QUE HAY 1 MES , EU COMO SOCIO ASI O ENTENDO.👍👍👍⚽️⚽️⚽️
O Ribadavia segue os pasos do Arrabaldo e renuncia á Primeira Futgal - FutbolinGalicia
09th Ago 2024[…] Así quedan os seis grupos da Primeira Futgal […]
Piolín, Ribadavia Atlético: "Este será un ano en branco, pero volveremos sacar equipo" - FutbolinGalicia
13th Ago 2024[…] Así quedan os seis grupos da Primeira Futgal […]
Boimorto, Dumbría e Carral, favoritos no grupo 2 da Primeira Futgal - FutbolinGalicia
17th Ago 2024[…] Así quedan os seis grupos da Primeira Futgal […]
A Milagrosa ten 48 horas para decidir se ocupa a praza do Ribadavia - FutbolinGalicia
21st Ago 2024[…] Así quedan os seis grupos da Primeira Futgal […]
O Xuventude Sanxenxo, interesado na vacante da Primeira Futgal - FutbolinGalicia
23rd Ago 2024[…] Así quedan os seis grupos da Primeira Futgal […]
Victoria e As Pontes, chamados ao ascenso dende o grupo 1 da Primeira Futgal - FutbolinGalicia
24th Ago 2024[…] Así quedan os seis grupos da Primeira Futgal […]