# Hashtag

Sempre nos quedarán os Diferenciais (P. II)

Nestes días de chuvia e vento houbo quen quedou na casa a ver unha serie ou unha película no canto de ir aos campos de fútbol. Non os culpamos, vai un tempo de cans, pero perderon a oportunidade de gozar dunha xornada espectacular na Primeira Futgal. Porque nunha categoría tan esixente como esta, o guion […]

Castañas e Diferenciais (P. II)

Xa se albisca o once de novembro e arrecende a castaña polas aldeas, vilas e cidades galegas. De feito, algún magosto chegou con algo de anticipo e xa se celebrou nesta fin de semana. Pero as enchentas non lle quitaron protagonismo ao fútbol. A Primeira Futgal non se viu interrompida e amenizou a tarde daqueles […]

Que medo dan os Diferenciais! (P. II)

O Samaín tamén se fixo sentir nos campos de fútbol do país, onde se puido desfrutar de exhibicións arrepiantes por parte dos diferentes conxuntos! Porque o terror e a pelota tamén van da man. Non tremen os grandes dianteiros cando se enfrontan a un porteiro coñecido por deter lanzamentos de penaltis? E isto tamén pasa […]

Nin o frío fai tremer aos Diferenciais (P. II)

Pasan os meses e cada vez fai máis frío nos campos de fútbol galegos. É normal. Atrás queda o verán, os partidos de pretemporada a máis de trinta graos e os primeiros tests serios do ano. A baixada das temperaturas nesta fin de semana foi unha evidencia, mais isto non repercutiu no xogo dos futbolistas. […]

Os Diferenciais cargaron de goles a xornada festiva (P. II)

A xornada 6 estivo marcada polo luns festivo, no que aínda quedou algún partido por disputar. Unha fin de semana de goles, remontadas e emoción ata o último suspiro, con varios protagonistas que marcaron a diferenza nos seus equipos. Repasamos decontado as actuacións máis Diferenciais da Primeira Futgal. Regresar á boa senda Sempre presta un […]

Os Diferenciais xa están coa calculadora na man

Achégase o final e as calculadoras da Primeira Futgal xa ameazan con toupar! Os afeccionados, xogadores, adestradores e demais compoñentes das entidades futbolísticas da categoría xa están fartos de facer cábalas e de calcular as probabilidades que teñen para lograr –ou non –os seus obxectivos. Mais, os números non valen de nada cando o árbitro […]

Nin a chuvia nin a ponte paran aos Diferenciais (P. II)

A xente chegou ao primeiro fin de semana de maio con gañas de aproveitar a ponte, pero a chuvia botouno todo a perder. Moitas mini-vacacións foron canceladas, aínda que non hai mal que por ben non veña! Os afeccionados máis fieis tiveron a súa dose do deporte rei, tanto nas categorías máis profesionais como no […]

Que hora é? A dos Diferenciais da Primeira Futgal (P. II)

Tic, tac, tic, tac… O reloxo da Primeira Futgal non deixa de resoar e os equipos, conscientes de estar ante a última oportunidade para conseguir os seus obxectivos, procuran dalo todo en cada partido. Quedan poucas balas e estragalas nunha fin de semana pode resultar fatal, ben sexa na loita polo ascenso ou pola permanencia. […]

Os Diferenciais brillan co bo tempo (P. II)

Din que “Ata o 40 de maio, cómpre non quitar o saio”, mais o sol xa comezou a asomarse polos campos da Primeira Futgal. E con el, chega tamén o treito decisivo da temporada, esas xornadas onde se decide todo para ben ou para mal. Os seareiros xa están dispostos a animar e os equipos, […]

Os Diferenciais teñen a chave da Primeira Futgal (P. II)

Igualdade máxima tamén ao sur da comunidade, onde a Primeira Futgal se atopa verdadeiramente animada. Xa sexa por uns ou outros obxectivos, temos por seguro que os participantes na competición non renunciarán aos seus obxectivos nesta recta final da temporada. E menos aínda se teñen aos seus xogadores máis Diferenciais para axudalos na consecución destas […]