# Hashtag

Cambiando a terra polo artificial: os campos de fútbol modernízanse

Cantaban os Diplomáticos de Monte Alto que o “fútbol total” é o que se practica nos campos de terra. Total ou non, o certo é que cada vez quedan menos campos desa superficie. O fútbol galego modernízase e con el os recintos de xogo, nos que gaña presenza a herba artificial.

A transformación responde a unha necesidade que os clubs levan tempo reclamando: contar con instalacións que permitan adestrar e competir con regularidade, sen depender tanto da chuvia nin do estado do terreo de xogo.

Un dos últimos casos é o do CD Cenlle, na provincia de Ourense. O proxecto de renovación do seu campo conta cun investimento de 402.000 euros. O secretario do club, Daniel Requejo, reivindicou a importancia dunha actuación que considera á altura da historia da entidade: “É un dos clubs máis antigos da provincia e merece un campo acorde ao noso legado”.



Da terra á herba artificial

O cambio xa é unha realidade noutros puntos da provincia. O campo do Pau Rañado, en Cartelle, deixou atrás a terra cunha reforma de 432.000 euros. Ademais do novo céspede artificial, as obras incluíron melloras na rega, na drenaxe e no equipamento deportivo.

Tamén en Amoeiro, o campo da Penafita estreou a súa nova superficie artificial a finais de 2025, mentres que Viana do Bolo renovou o campo municipal de As Carrelas este verán. Neste caso, iso si, non tiñan campo de terra, senón de herba natural. Polo tanto, a intervención buscaba reducir o mantemento e evitar as limitacións que sufría a instalación durante os meses de chuvia.

Máis proxectos en marcha

Na provincia de Ourense, onde máis campos de terra hai en competición, a modernización dos terreos de xogo continuará nos próximos anos. A Deputación de Ourense e os concellos de Esgos, A Peroxa e O Pereiro de Aguiar acordaron actuacións por máis dun millón de euros.



En Esgos está prevista a construción dun novo campo de fútbol en Rocas, cun orzamento de 549.008 euros. Pola súa banda, A Peroxa e O Pereiro de Aguiar renovarán o céspede artificial dos campos do Marco e da Carabina, respectivamente.

Cambiando a terra polo artificial: os campos de fútbol modernízanse

As Celtas buscan na Copa o impulso

Cambiando a terra polo artificial: os campos de fútbol modernízanse

Cambiando a terra polo artificial: os campos