# Hashtag

Sarriana, Boiro e Lalín manteñen o pleno na segunda xornada

Despois desta segunda xornada, tan só hai tres equipos que poden presumir de levar pleno de vitorias. Só a Sarriana, o Boiro e o Lalín conseguiron sumar seis puntos de seis posibles. Tamén seguen invictos polo momento o Racing Villalbés, o Silva e o Portonovo. A Sarriana lidera actualmente a categoría tras vencer 2-0 no […]

Gran debut dos recén ascendidos

Comeza o fútbol galego, comeza a emoción da Terceira Federación. Foi unha xornada especial para aqueles equipos que conseguiron o ascenso o ano pasado. Lalín, Antela, Portonovo e Pontevedra B foron quen de estrearse por todo o alto, xa que os catro equipos lograron sumar na primeira xornada. O caso máis rechamante, polo abultado do […]

A Terceira RFEF segue sumando minutos na pretempada

Só quedan tres semanas para que comece a competición e os equipos da Terceira RFEf seguen poñéndose en forma para chegar no mellor nivel á liga. O Estradense gañou 2-0 ao Coruxo, mentres que o Villalbés tamén sumou unha vitoria tras impoñerse por 2-0 ao Silva. Pola súa parte, o Silva disputou o LVIII Trofeo […]

A Copa Federación abre a temporada mentres continúa o mercado na Terceira RFEF

Co inicio dos primeiros amigables e a Copa Federación en marcha, os equipos da Terceira RFEF comezan a poñerse a punto sobre o terreo de xogo. Mentres algúns xa teñen practicamente pechado o seu plantel, outros continúan inmersos no mercado buscando as últimas pezas para completar os seus proxectos. Ademais, o vindeiro luns coñecerán o […]

O Compos resiste en Badalona e volve a Segunda RFEF

O Compostela volve a Segunda RFEF tras unha eliminatoria na que tivo que sufrir ata o final. O equipo estaba chamado a pelexar polo liderado, pero unha segunda volta irregular obrigouno a recorrer o camiño longo para poder ascender, deixando atrás ao Villalbés e ao Arteixo antes de enfrontarse ao Badalona. Na ida, os picheleiros […]

Un agasallo Diferencial polo Nadal! Con Javi Pita (Ex Ribadeo)

Ante o parón da Primeira Futgal traémosvos un pequeno agasallo de Nadal, lectores dos Diferenciais. A chegada do Nadal fixo que Javi Pita (O Vicedo, 1991) colgase as luvas definitivamente. Veremos se desta vez é para sempre, porque o cancerbeiro mariñán xa amagou durante o verán co retiro. Pero o Ribadeo non quixo prescindir dos seus […]

  • 1
  • 2