# Hashtag
repaso-campioas-copas-feminina-galicia

A ilusión copeira percorreu toda Galicia

Non sabemos porqué pero a copa mola

As seccións femininas galegas xa contan con preto dunha decea de competicións copeiras ao longo da nosa xeografía. A pasada fin de semana coñeciamos ás gañadoras das finais que quedaban por xogar e agora xa podemos facer un resumo de (case) tódolos equipos campións.

Cada vez parece que podemos ver un maior número de finais femininas nalgúns estadios de renome do noso país. Deste xeito, puidemos desfrutar en Riazor do encontro entre o Victoria CF ‘B’ e o Bergantiños CF onde a balanza se decantou para o combinado das “mini-cebras” por dous goles a cero. Carla Amado foi a goleadora desta II Copa da Coruña que marchou para as vitrinas branquinegras.

Pouca recompensa para o equipo de Carballo esta tempada ao que tamén se lle escapou o título ligueiro. Este domingo partirá con vantaxe nas Eiroas na súa última baza para acadar un éxito que certifique a súa boa tempada. Competirán polo ascenso a Terceira Federación ante o Tomiño FCF.



Os dous equipos referencia do fútbol feminino ourensán enfrontáronse no municipal do Couto pola Copa Deputación. O CD Arenteiro levábase na prórroga o título provincial ante a EFF Rosalía. Un final de partido de infarto onde se adiantaban as verdes cun gol de Sara ‘Verín’ dende o punto de penalti. O Rosalía lanzouse ao ataque para perforar a meta rival ata o pitido final pero sen sorte.

Empate técnico no resumo dos derbis desputados por ambos conxuntos esta tempada tras o triunfo copeiro do Arenteiro, un empate e unha vitoria en liga para as rosalianas.

O Xallas levouse a Copa da Costa diante de medio milleiro de afeccioados. Futgal

Día histórico o vivido en Muxía, no campo da Arliña, que se encheu para celebrar a IV Copa da Costa. Dous dos equipos máis fortes da zona nesta tempada fixeron vibrar ás bancadas. O Xallas FC matou o encontro tras dous disparos que acabaron no fondo das redes do CF Dumbría.



O ano que vén poderemos ver a ambos equipos pelexar na Segunda Galicia tralo ascenso das branquinegras da Costa.

De filiales foi a cousa no encontro pola Copa Deputación de Pontevedra (no seu inicio Copa Rías Baixas). O Lóstrego CF ‘B’ gañáballe a partida ao Viaxes Interrías ‘B’ no municipal da Seca. Un total de sete goles repartidos dende o comezo ata o final do encontro fixeron que ninguén despegase os ollos do campo. Aínda así, as de Gondomar sentenciaron o partido con claridade na segunda metade, deixando un resultado de 5 goles a 2.

En Ferrol, a SD O Val impúxose ante a EFB Amistade Meirás por 3 goles a cero na primeria edición feminina da copa. As valexas leváronse a coroa da bisbarra de forma contundente ante as verdes. O campo de fútbol Misael Prieto encheuse até a bandeira para desfrutar deste derbi entre ambos conxuntos.



O equipo B da PM Friol facíase coa XL Copa Deputación ante a SD Antas. As amarelas púñanse por diante no marcador na primeira metade, pero o Antas reaccionou tralo paso polos vestiarios, empatando ao pouco de comezar o segundo tempo. As de Friol foron a pola vitoria e conseguírono tras marcar dous goles máis. Unha alegría final para o filial tras non acadar a permanencia na Primeira Galega.

As xogadoras do Boiro levantando o título en Rois. Futgal

Na segunda edición da Copa do Sar a igualdade permaneceu durante todo o partido. Malia os esforzos de ambos conxuntos, o partido tivo que resolverse na pena máxima. A SD Touro non contou coa sorte do seu lado dende os 11 metros. A lotería dos penaltis decantouse cara a EFM Concello de Boiro que tivo maior acerto.

As boirenses levan unha magnífica campaña cun dobrete de títulos. Palmarés que aínda pode ser maior xa que esta vitoria fai que estén na desputa pola Copa Deputación. O tempo dirá se as celestes acadan o triplete.

Unha última competición en xogo

Queda por xogarse esa mencionada Copa Deputación da Coruña que congrega aos equipos campións do resto de copas da provincia. O 16 de xuño poderemos desfrutar das semifinais que se desputarán no municipal de Río Seco (Narón). Unha eliminatoria matinal entre o Victoria CF ‘B’ e o Xallas FC e outra pola tarde enfrontando á EFM Concello de Boiro contra a SD o Val.



A ilusión copeira percorreu toda Galicia

Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 1

A ilusión copeira percorreu toda Galicia

O Umia prepárase para o seu regreso

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *