# Hashtag

Ariel Herrera, CD Barco: «Tiven que vender o meu coche para viaxar a Galicia e cheguei sen ter nada seguro»

O CD Barco ocupa actualmente o primeiro posto da clasificación da Preferente Sur, igualado a puntos co Atios, e comezou a tempada con ganas de ir por un ascenso que lle leve de volta a Terceira RFEF. Co Céltiga como principal rival, o equipo de Valdeorras ten un gran cadro de xogadores cheo de experiencia e de vitalidade, como o caso de Ariel Herrera.

O extremo arxentino chegou este verán a Calabagueiros procedente do Cented Team, polo que firmou en xaneiro tras unha “viaxe de película” desde o país sudamericano. Logo de vender o seu coche e de chegar a Galicia “sen ter nada seguro”, Ariel Herrera atopa o seu mellor momento de forma no Barco. En Futbolingalicia repasa a tolemia destes últimos meses.

Futbolingalicia: Este domingo sumastedes contra o Umia a vosa terceira vitoria consecutiva e sodes líderes da categoría xunto ao Atios. Que valoración fas deste inicio de tempada?



Ariel Herrera: «É moi lindo estar aí arriba nos primeiros postos. A valoración que fago é boa porque se armou un lindo equipo que vai pelexar sempre. Pero isto acaba de comezar e temos que seguir mellorando partido a partido».

FIG: Chegaches no verán ao Barco procedente do Cented Team. Como se fraguou a túa fichaxe?

AH: «Unha vez terminei a tempada, saíume unha oferta de traballo pola zona de Valdeorras. Ás semanas de estar aquí, o Barco decatouse de que estaba pola zona por temas de traballo e o adestrador veu falar comigo para tentar ficharme».



FIG: ⁠E como foi a túa chegada a Galicia desde Arxentina? Que motivos che levaron a facer este cambio?

AH: «A miña chegada a Galicia foi un pouco de película. Para vir aquí tiven que vender o meu coche e coa axuda do meu papá, o meu tío Loly e o resto da miña familia puiden facer a viaxe que estaba a esperar desde hai moito tempo. Todo foi moi rápido. Sacamos os billetes dous días antes de Nadal e pasei a Noiteboa no avión. Cando aterrei, estaba a esperarme o meu compatriota Nico (actualmente no Cented) e Chus. O máis tolo de vir aquí é que viaxei sen ter nada seguro. Por sorte púidenme atopar con boas persoas como Sergio Moreira, Miguel e Cris, que eran persoas do club e que me axudaron moito na adaptación a un país novo para min. Un dos motivos polos que tomei esta decisión foi poder mellorar como xogador e como persoa, ademais de buscar unha mellor calidade para min e para a miña familia».

FIG: Celebras tus goles con una especie de triángulo. Qué significa esto?



AH: «Si, a verdade é que moita xente pregúntamo. O meu festexo nos goles é como unha especie de casa, en dedicatoria para a miña familia, xa que é a xente que sempre me está apoiando».

FIG: ⁠Como te definirías como futbolista?

AH: «Considérome un futbolista técnico e atrevido. Gústame moito o un contra un, encarar e ir para adiante».

FIG: Que obxectivos persoais tes para esta tempada?

AH: «O primeiro obxectivo é o do ascenso. Temos que ir paso a paso porque queda moito pero a ilusión existe».



FIG: ⁠Onde cres que estarán as claves para conseguilo?

AH: «Obviamente que a nosa meta é a de pelexar polo ascenso e creo que a clave estará en seguir sendo un grupo sólido. Hai unha competencia interna moi linda e iso axúdache a mellorar día a día. Aí está a clave para seguir mellorando, porque aínda queda moito e isto é moi longo».

FIG: ⁠Que che está a parecer o nivel do fútbol galego?

AH: «Está a parecerme un fútbol diferente ao de Arxentina. Alá calquera equipo sáeche a xogar de igual a igual, pero aquí non. En Galicia os equipos saben cales son os teus puntos fortes e tratan de sacarche o partido coa súa forma de xogo».

FIG: ⁠Como describirías a tempada pasada co Cented Team e os primeiros meses no Barco?

AH: «Co Cented Team pasou todo moi rápido. Fíxose unha gran tempada e por sorte finalizamos co ansiado ascenso. Quedo coas boas persoas que coñecín aí e quédome cos bos momentos. Tamén cos momentos non tan bos, que son os que me axudan a crecer».

«Nestes primeiros meses no Barco, estou a gozar moito. Teño ganas de seguir aprendendo e mellorando, e aos poucos empezo a soltarme coa miña forma de xogo grazas á confianza que me dá Lino Estévez e o seu corpo técnico».

FIG: Cal é o soño de Ariel Herrera?

AH: «O meu soño é que veña a miña familia a verme xogar. Non adoito pedir moito e tampouco trato de voar moito polas nubes, pero creo que o meu soño estou a cumprilo. Máis que mal podo dicir que estou a vivir do fútbol. Estou nun equipo moi lindo e sigo soñando con seguir vivindo disto e seguir ascendendo de categorías ata onde se poida».

Fotografía: Sandra García López

Ariel Herrera, CD Barco: «Tiven que vender o meu coche para viaxar a Galicia e cheguei sen ter nada seguro»

A xornada deixa tres remontadas épicas na

Ariel Herrera, CD Barco: «Tiven que vender o meu coche para viaxar a Galicia e cheguei sen ter nada seguro»

O Bergantiños segue sen puntuar en categoría

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *