# Hashtag

De entrante, unha de Diferenciais!

A cociña da Primeira Futgal bota fume e non é para menos. Aquí só se serven pratos coa intención de deleitar o padar dos seareiros máis incondicionais do fútbol galego. Eses que botan a mañá ou a tarde do domingo agardando por un bo menú, mentres toman o vermú no caso da sesión matinal, ou […]

Pasiño a pasiño, os Diferenciais fan camiño

Aínda queda moito por pelexar, pero xa hai equipos con intencións claras na Primeira Futgal. Para lograr os obxectivos débese pelexar por eles desde as primeiras xornadas de competición e así non deixar todo o traballo para a segunda volta. Trátase de ir facendo o camiño pouco a pouco e con axuda dos xogadores máis […]

Volven os Diferenciais da Primeira Futgal!

Botástelos de menos? Pois estades de sorte, porque xa non tedes que agardar máis! Afeccionados ao fútbol rexional galego, volveu a Primeira Futgal e con ela volveron os goles e a emoción! Transcorrido o primeiro asalto, é hora de debullar o que deixou a xornada, con especial atención ás exhibicións dos Diferenciais. Xa sabedes, eses […]

O último baile dos Diferenciais

Ninguén o desexou, pero chegou o final. A Primeira Futgal asinou nesta xornada, no Día das Letras Galegas, un desenlace que será lembrado durante moitos anos. Malleiras, ascensos, salvacións agónicas… Moitos afeccionados derramaron bágoas, ben sexa de ledicia ou de tristura, neste último baile da temporada. Unha danza onde os Diferenciais brillaron coma sempre, despedindo […]

Os Diferenciais brillan co bo tempo

Cada vez queda menos para a chegada da Primavera e, proba diso, as raiolas de sol que se deixaron ver esta fin de semana nos campos da Primeira Futgal. Os seareiros comezan a saír do acubillo das gradas, o céspede recupera a súa mellor versión e as camisetas térmicas xa quedan relegadas para o próximo […]

No sprint final van estar os Diferenciais

Xa quedan menos de 10 partidos para pórlle o peche á Primeira Futgal e, como non pode ser doutro xeito, os equipos xa se preparan para o sprint final. De aquí ata o remate da competición, cada xornada é unha final onde pode pasar de todo. E é que a ‘carreira de cabalos’ polo ascenso […]

Continúa o baile dos Diferenciais

Se ben pasou o Entroido, a festa non parecer rematar na Primeira Futgal, onde continúa o baile de posicións entre os diferentes conxuntos. E é que nunha categoría tan complexa coma esta, as subas e baixadas van ser habituais ata o treito final. Por iso e, co obxectivo de finalizar a temporada do mellor xeito […]

Os Diferenciais teñen a chave da Primeira Futgal

Xa hai máis de medio ano desde que os equipos da Primeira Futgal comezaron a andar. Un período de tempo onde o seu compromiso e amor por unhas cores os levou a tomar sacrificios persoais, adestrar con chuvia e frío e derramar sangue, suor e bágoas en prol dun obxectivo común. Apenas queda un terzo […]

Os Diferenciais animan o Entroido

Quen dixo que o Entroido non é compatible coa Primeira Futgal? Nunha fin de semana ateigada de bailes, charangas, disfraces e risas o fútbol tamén tivo o seu oco e os seareiros máis incondicionais deste deporte puideron desfrutar do espectáculo ofrecido polos seus xogadores máis Diferenciais. E é que ningún dos grupos –nin tan sequera […]

Comeza a segunda volta para os Diferenciais da Primeira Futgal

O inicio da segunda volta pode supoñer unha oportunidade de reinicio para aqueles equipos que non están a conseguir os seus obxectivos. Pero tamén é unha proba de lume para os líderes e aspirantes ao play-off, pois deben manter o ritmo da primeira metade da temporada se queren acadar o ascenso á Preferente Futgal. Desde […]

  • 1
  • 2