# Tags
o-boiro-lánzase-a-polo-triplete

O Boiro lánzase a polo triplete

Unha tempada inimaxinable

A EFM Concello de Boiro atópase ás portas de poder acadar algo histórico. Tras un ano de «matrícula de honra» en verbas do seu adestrador Miguel Ángel, este sábado poden conseguir o seu terceiro título da tempada.

Fai dous anos o Boiro descendía da Primeira División Galega tras unha complicada competición para as celestes. Un par de tempadas máis tarde semellan atoparse máis fortes ca nunca. O seu míster falou para FutbolinGalicia facendo balance dos éxitos e deixando algunhas pinceladas do futuro do equipo.

«Ao principio da tempada só nos plantexamos facer un equipo que nos permitira competir cada domingo. Tiñamos a ilusión e esperabamos quedar o máis alto na táboa clasificatoria da liga, pero creo que en ningún momento se nos pasou pola cabeza, tanto ao equipo como a min, de que podiamos estar na situación de conseguir un triplete».



Remataron na Segunda Galega con 68 puntos, facéndose co título e co ascenso directo na última xornada. Non conseguiron a vitoria ante a SD Touro e dependían de que a SR Calo non gañase o seu partido. Coa sorte do seu lado, puideron celebrar o ascenso e sumar o primeiro dos trofeos.

A importancia do compromiso

As xogadoras do Boiro celebrando o título da Copa do Sar. Cedida

Unha das chaves do éxito segundo o técnico boirense foi o compromiso mostrado polo plantel: «Estivemos toda a tempada adestrando 3 días. Algunhas viñan de estudar, outras de traballar… pero nunca decaeron, sempre estiveron dispostas. Intentamos que o grupo estivera forte e unido e penso que foron as chaves da consecución dos títulos».

A Miguel sorprendeulle esa responsabilidade das xogadoras que tamén foron capaces de superar as malas rachas da competición. Na segunda volta as azuis perderon 8 puntos consecutivos facendo que as rivais reduciran distancias e perderan o liderato: «Perdimos esa vantaxe de puntos que tiñamos sobre as rivais e iso nos obrigaba a gañar cada semana. Xerounos moito desgaste mental e estrés, pero soubemos manexalo aínda que non foi fácil».



Coa mirada posta no sábado

No día previo á noite de San Xoan, o Boiro pode facerse co triplete se gaña a final ante o Victoria CF ‘B’. Xa foron capaces de gañar a Copa do Sar e agora lánzanse sen medo a pola Copa Deputación da Coruña: «Afrontamos o partido con moitísima ilusión. Estamos optimistas de poder facer unha boa final e de competirlle ao Victoria. Imos adestrar os dous últimos días da tempada pensando só na consecución dese último título que nos queda por xogar».

O encontro desputarase o sábado 22 en Narón no Campo Municipal Río Seco. A final feminina será ás 16:30h e quen o desexe poderá ver tamén a final masculina que será ás 19:00h. Esta derradeira competición clausura a campaña futbolística para os equipos galegos.

Un equipo en crecemento

O Boiro pode seguir de festa se gañan este sábado. Cedida

Na tempada 2016-2017 nacía esta sección feminina en Boiro. Malia que o camiño non foi doado, o club atópase nun momento de moi boa saúde. Cara o ano que vén están traballando na confección dun equipo B que axude a consolidar unha base sólida de xogadoras nas filas celestes.



Directiva e corpo técnico xa se están ocupando da xestión da nova tempada: «Estamos traballando as incorporacións cara a vindeira tempada, sen estar seguro de se vou a seguir no banquillo ou non. Necesito meditalo unha vez terminada a Copa Deputación, pero iso non quita que siga axudando ao club buscando reforzos».

O ano que vén serán os recén ascendidos na máxima categoría galega xunto co Atlético San Pedro: «Temos que ser moi humildes e o primeiro vai ser buscar a permanencia. Logo ver onde nos situamos na táboa e ver que opcións temos de pelexar por outros retos. A idea é conseguir a permanencia pero non imos renunciar a nada que nos permita soñar con outras cousas».

O Boiro lánzase a polo triplete

Diario Dun Mercado Preferente Sur. Episodio 2

O Boiro lánzase a polo triplete

O Órdenes regresa a Preferente: «Formamos unha

1 Comment

  1. […] O Boiro lánzase a polo triplete […]

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *