# Hashtag
Paiosaco e Arzúa

Paiosaco e Arzúa poñen en marcha a operación retorno

Os dous equipos que caeron á Preferente Norte, o Paiosaco e o Arzúa, van debuxando a folla de ruta co obxectivo posto en regresar á Terceira RFEF. A operación retorno está en marcha tanto na Porta Santa como no Viso e os dous conxuntos tentan armar os mellores cadros de xogadores posibles.

No caso dos verdibrancos hai unha importante aposta pola continuidade. O Peisaco xa confirmou a renovación de doce xogadores. Son Josiño, Popi, Beto, Raña, Andrés, Dani Carnota, Dani Moreno, Bilal, Javi Sande, Manu, Juanma e Pablo Rodríguez. A maiores, chegaron Bacariza (procedente do San Tirso), Aller (Bergantiños xuvenil), Toro (Galicia de Mugardos) e Pablo Plaza (Victoria CF) e faltan outros tres reforzos.

O adestrador do Paiosaco, Diego Armando García, que afronta a cuarta tempada no club, asegura que aínda manteñen «o sabor de boca amargo de descender logo de facer 41 puntos«. Na tempada que está a piques de arrancar buscarán deixar iso atrás e «ser o máis competitivos posible«. Diego Armando é «claro«: van polo ascenso «e somos ambiciosos a nivel deportivo«.



É consciente de que será unha Preferente complicada, con nivel. Pensa que equipos como o Lalín, San Tirso ou Atlético Coruña Montañeros poden estar entre os favoritos. Tamén a SD Pol, «que semella estar preparando un proxecto interesante«. O Paiosaco agarda figurar tamén nese grupo dos escollidos. «Serán seis ou sete equipos e algún que pode sorprender; nós queremos estar aí«, asegura o técnico.

Diego Armando García explica que o Paiosaco «non pode estar á altura de moitos outros clubs a nivel económico, pero si garantimos outros aspectos que son determinantes para os xogadores«. Iso é o que lles permite manter o bloque de futbolistas ano a ano.

Revolución total no Arzúa

As cousas están a ser diferentes no CSD Arzúa. Como xa informara FutbolinGalicia hai dous meses, un avariado ‘queixo mecánico’ non deu o nivel na Terceira RFEF e foi, por moito, o primeiro descendido. Os arzúans, que inicialmente deseñaran o equipo para Preferente, víranse sorprendidos pola ampliación da categoría a 18 equipos. As incorporacións non evitaron a perda da categoría.



Con todo, no Viso hai un novo proxecto con ilusións renovadas. José Miguens ‘Rati’ foi o escollido para dirixir un cadro de xogadores que, a falta de bastantes anuncios, presenta unha revolución total. De feito, só comunicaron tres renovacións, as de Lucas, que presentan como un dos piares; David Freire, que actúa como porteiro, e Iker Hurtado, o killer que non baixa do barco.

Mentres, o Arzúa xa anunciou once incorporacións. As últimas, as do centrocampista Hermelo, procedente do xuvenil do Alondras, e de Fabio Grajales, que xogou a última tempada en Terceira RFEF co filial do Pontevedra. O centrocampista únese a un equipo ao que tamén chega o porteiro Manu Jiménez; os defensas Caneda e Isma; os centrocampistas Xián, Munín e Josiño; e os atacantes Rial, Soliño e Alberto Fraga.

Cambios na Preferente Futgal

A competición botará a andar a fin de semana do 7 e 8 de setembro con 36 equipos repartidos en dous grupos e con importantes novidades. Unha delas é o número de ascensos directos, que se reduce de dous a un por cada grupo. Así, a vindeira campaña só poderemos falar dun total de dous ascensos coa fin da liga regular.



Os outros dous ascensos determinaranse nun play-off. A esa fase accederán un total de oito equipos, dende o segundo ata o quinto clasificado de cada grupo. Os conxuntos do norte e o sur mediranse nunha promoción cruzada da que sairán os restantes dous equipos en acadar o ascenso a Terceira RFEF. Para iso, deberán superar dúas eliminatorias. Aquí tes máis información sobre o novo formato.

Paiosaco e Arzúa poñen en marcha a operación retorno

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 8

Paiosaco e Arzúa poñen en marcha a operación retorno

Volver a Terceira RFEF e recuperar a

1 comentario

  1. […] Paiosaco e Arzúa poñen en marcha a operación […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *