Entramos de cheo no mes de preparación dos equipos de cara ao arranque da tempada 2024-2025. Os clubs fixéronse de rogar para anunciar as baixas e as altas das súas xogadoras. Así e todo, doutros equipo non se coñecen noticias. Facemos unha pequena panorámica de como van quedando os equipos da Primeira Galicia Feminina.
Continuidades e poucas caras novas
Dende a Terceira Federación aterra o Umia CF. O primeiro anuncio das de Barrantes foi a renovación de Luís Treviño como adestrador do primeiro equipo por un ano máis. Tamén coñecemos as baixas de Eva López cara As Celtas e as de Carla Piñeiro e Alba Rodríguez ao Victoria FC. O Umia confeccionou un novo grupo con xogadoras moi mozas procedentes do seu filial.
Por outra banda, o Atlético Arousana está anunciando as renovacións da maior parte da estrutura do seu equipo. Nomes míticos da casa como o de Zaira, Caro ou Cores entre outras, que continuarán vestindo a camiseta amarela do Arousana.
O Tomiño FCF, que quedou ás portas de acadar o ascenso a nacional, perde a 7 xogadoras dese conxunto que disputou o playoff. Xa anunciaron as fichaxes de Pilar Vázquez «Peti» para reforzar o posto de gardameta tras a marcha de Ángela. Así como o da centrocampista Carol Martínez procedente do San Mateo.
Outro dos equipos que xogou ese playoff foi a SD O Val. Vén de anunciar as renovacións dalgunhas das súas xogadoras referencia como Carmen Colodron, Natalia Veiga ou Noemí García, máxima goleadora do equipo a pasada campaña.
Seguimos percorrendo a Primeira Galega para coñecer catro caras novas para o Domaio FC. As incorporacións de Iria Vázquez (Sárdoma B), Lara Ogando (Lóstrego C), Patricia Fernández (Mos B) e Tamara Custodio (Porriño Industrial) veñen a reforzar o conxunto moañés.
Do Sporting Cambre tan só coñecemos as renovacións de Estefanía Xiao e Paula Sieira.
Por parte da EFB Amistade Meirás coñecemos ao novo corpo técnico que estará constituído polo seu adestrador Victor Manuel e os axudantes Rubén Martínez e Adrián León.
Os filiais tamén conforman os seus equipos
No caso dos equipos filiais a continuidade adoita ir determinada polo primeiro equipo. Ese é o caso por exemplo do Orzán SD onde algunhas xogadoras promocionan ao Deportivo B mentras que ascenden outras nenas do Orzán B. O equipo coruñés está anunciando novas fichaxes para o equipo cadete para poder seguir aumentando a súa base.
O mesmo caso acontece co Victoria FC e o Victoria CF que teñen os seus equipos confeccionados con xente da súa canteira.
Tarefa máis complicada terá o Lóstrego CF onde promocionarán moitas xogadoras do B para completar o A trala marcha dalgunhas das súas xogadoras. A súa capitá ata entón, Ainoha Gómez, é unha das renovacións confirmadas para o equipo gondomareño.
Os recén ascendidos
Sen novidades dos recén chegados á Primeira Galega, Atlético San Pedro e SR Calo. No caso da EFM Concello de Boiro coñecemos a renovación un ano máis dun dos seus piares, a súa capitá Eva María. Tras o éxito da pasada tempada, tamén seguirá á fronte do equipo boirense, Miguel Ángel (Laracha).
Outro equipo novidade será o filial das Celtas, conformado con algunhas ex-xogadoras da UD Mos e outras xogadoras da zona.