# Hashtag

O último baile dos Diferenciais

Ninguén o desexou, pero chegou o final. A Primeira Futgal asinou nesta xornada, no Día das Letras Galegas, un desenlace que será lembrado durante moitos anos. Malleiras, ascensos, salvacións agónicas… Moitos afeccionados derramaron bágoas, ben sexa de ledicia ou de tristura, neste último baile da temporada. Unha danza onde os Diferenciais brillaron coma sempre, despedindo […]

Os Diferenciais xa están coa calculadora na man

Achégase o final e as calculadoras da Primeira Futgal xa ameazan con toupar! Os afeccionados, xogadores, adestradores e demais compoñentes das entidades futbolísticas da categoría xa están fartos de facer cábalas e de calcular as probabilidades que teñen para lograr –ou non– os seus obxectivos. Mais, os números non valen de nada cando o árbitro […]

Os gladiadores da Primeira Futgal son os Diferenciais

A Primeira Futgal estase a converter nun coliseo romano nestas últimas datas, pois a meirande parte dos equipos seguen con esperanzas de lograr os seus obxectivos. Agás o Chantada, os líderes de cada un dos grupos deberán rillar o campo se queren o título, igual que lles sucede aos pechacancelas da competición, cuxas balas se […]

Que hora é? A dos Diferenciais da Primeira Futgal

Tic, tac, tic, tac… O reloxo da Primeira Futgal non deixa de resoar e os equipos, conscientes de estar ante a última oportunidade para conseguir os seus obxectivos, procuran dalo todo en cada partido. Quedan poucas balas e estragalas nunha fin de semana pode resultar fatal, ben sexa na loita polo ascenso ou pola permanencia. […]

No sprint final van estar os Diferenciais

Xa quedan menos de 10 partidos para pórlle o peche á Primeira Futgal e, como non pode ser doutro xeito, os equipos xa se preparan para o sprint final. De aquí ata o remate da competición, cada xornada é unha final onde pode pasar de todo. E é que a ‘carreira de cabalos’ polo ascenso […]

Os Diferenciais animan o Entroido

Quen dixo que o Entroido non é compatible coa Primeira Futgal? Nunha fin de semana ateigada de bailes, charangas, disfraces e risas o fútbol tamén tivo o seu oco e os seareiros máis incondicionais deste deporte puideron desfrutar do espectáculo ofrecido polos seus xogadores máis Diferenciais. E é que ningún dos grupos –nin tan sequera […]

A última decisión téñena os Diferenciais da Primeira Futgal

Rematou xaneiro e con el van xa cinco meses de competición. Así e todo, o avance das xornadas non impide que a Primeira Futgal navegue na incerteza clasificatoria. A súa competitividade e o bo rendemento dos diferentes equipos invita ao afeccionado a desfrutar dunha competición onde non hai nada decidido polo momento. Un espectáculo futbolístico […]

Os Diferenciais desta xornada copeira

Aínda queda unha semana para que volva a Primeira Futgal, si, pero moitos dos equipos das categorías rexionais galegas xa regresaron ao traballo. O motivo? Unha xornada de Copa chea de emoción, goles e moitas sorpresas e que contou coa maxia dos Diferenciais como o mellor aderezo posible. Non hai mellor agasallo de Reis anticipado […]

Os Diferenciais da Primeira Futgal non marchan de ‘ponte’

A ‘ponte’ de decembro fixo parar a varias categorías do fútbol galego pero non así a Primeira Futgal. Con tal de alentar ao seu equipo, foron varios os afeccionados que renunciaron a estas pequenas vacacións para desfrutar dunha xornada cargada de emoción, goles e moita maxia a cargo dos Diferenciais. Co obxectivo de non descolgarse […]

Remata o primeiro trimestre con boas notas para os Diferenciais

Nestes tres meses de competición houbo goleadas, resultados axustados, partidos emocionantes… E, sobre todo, moito fútbol. Polo de agora non hai nada decidido nunha Primeira Futgal onde cada xornada se converte nun campo de batalla, cos Diferenciais exercendo de baluartes de cada equipo. Vitorias que serven para coller aire Sumar triunfos aleda sempre a un […]